Filipe de Borbón e Grecia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Filipe de Borbón e Grecia (Xoán Paulo Afonso da Trindade e de Todos os Santos de Borbón e de Grecia), príncipe de Asturias, herdeiro do trono de España, naceu o 30 de xaneiro de 1968. Fillo de Xoán Carlos I de España e de Sofía de Grecia.
Ostenta por Real Decreto desde 1977 os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos: Príncipe de Asturias, Príncipe de Xerona, Príncipe de Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer como heredeiro dos Reinos de Castela, Aragón, Navarra, Cataluña, Valencia e Mallorca. As súas orixes proveñen de 1388, 1351, 1424, 1387, 1351, 1413, respectivamente. Tamén pode ostentar o título de Príncipe de Xaén. Ten o tratamento de Alteza Real.
Recibiu a formación militar na Academia Xeral Militar de Zaragoza, a Escola Naval Militar de Marín e a Academia Xeral do Aire de San Javier, exercendo agora os cargos de Comandante do Corpo Xeral das Armas do Exército de Terra de Infantería, Capitán de Corbeta do Corpo Xeral da Armada e Comandante do Corpo Xeral do Exército do Aire. Tras finalizar o seu período militar comezou a súa formación académica (Dereito na Universidade Autónoma de Madrid e Master en Relacións Internacionais na Edmund Walsh School of Foreign Service da Universidade de Georgetown).
O 1 de novembro de 2003 anunciou o seu compromiso matrimonial coa xornalista asturiana Letizia Ortiz Rocasolano. A voda celebrouse o 22 de maio de 2004 na catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid. O 31 de outubro de 2005 ás 1:45 horas, Letizia Ortiz deu a luz a unha nena, Leonor de Borbón, primoxénita do herdeiro do trono e segunda na liña sucesoria da Coroa española.
O 29 de abril de 2007, naceu a súa segunda filla, bautizada como Sofía de Borbón de Todos os Santos. A nova infanta naceu por cesárea como Leonor, pesou 3,310 quilos e mediu 50 centímetros. Ocupa o terceiro lugar na sucesión ó trono de España.