Gro Harlem Brundtland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gro Harlem Brundtland
Photo: Harry Wad.

Gro Harlem Brundtland, nada en Bærum o 20 de abril de 1939, é unha política, diplomática e médica norueguesa, e un líder internacional en desenvolvemento sustentábel e saúde pública. Foi membro do Partido dos Traballadores da Noruega (social-demócratas) dende a súa xuventude, en febreiro de 1981 tornouse a primeira muller xefe de goberno do seu país.

Médica de profesión, en 1974 foi nomeada ministra do Medio Ambiente por Bratelli.

En 1977, Brundtland foi elixida vice-presidente do grupo parlamentario socialdemócrata.

En setembro de 1981 perdeu a xefatura do goberno, logo da derrota dos socialdemócratas nas eleccións parlamentarias. Nas eleccións de 1985, o seu partido foi o primeiro da Noruega, mais a unión de Kåre Willoch obtivo a maioría parlamentaria por un só voto de diferenza. Entre 1986 e 1989 dirixiu un goberno minoritario socialista. Dende 1983 ata 1987 presidiu a Comisión Brundtland, da Organización das Nacións Unidas, dedicada ao estudo do medio ambiente e a súa relación co progreso. En 1990, ocupou novamente a xefatura do goberno ao derrotar a M. Syse.

No día 18 de marzo de 1992, nunha viaxe cunha caravana de xoves noruegueses a Manaus (AM), ela plantou un dos marcos inaugurais do Parque do Mindu,unha samaumeira. A árbore hoxe é un símbolo da defensa da ecoloxía e da ruptura de límites fronteirizos.

En 1992 abandonou a dirección do Partido dos Traballadores.

Na consulta popular sobre a integración da Noruega na Unión Europea (1994) adoptou unha posición positiva, a pesar do resultado final ter sido desfavorábel.