Reino de Sardeña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é parte da serie:

Historia de Italia

LocationItaly.png
Por período histórico
(Terramaras · Villanovanos)
(Italos ·Latinos · Etruscos · Gregos · Galos)
(Monarquía · República · Imperio)
Guerras italianas (1494—1559)
Por tema
Territorios do Reino da Sardeña en 1839.

O Reino da Sardeña foi un estado que existiu na illa da Sardeña de 1297 a 1861. Tivo inicio formalmente en Roma – na antiga Basílica de San Pedro – en 4 de abril de 1297, cando o Papa Bonifacio VIII, para resolver a disputa entre os condes de Anjou e a coroa de Aragón, investiu ao rei de Aragón como jus invadendi sobre a Sardeña e a Córsega. O Reino da Sardeña e Córsega foi o precursor do reino de Italia. Baixo a dinastía Savoia conseguiron a reunificación italiana baixo a súa coroa arredor de 1860. A 17 de marzo de 1861 o Reino de Cerdeña integrándose dentro do Reino de Italia.

Historia[editar | editar a fonte]

Reino de Sardeña e Córsega[editar | editar a fonte]

O Regnum Sardiniae et Corsicae (Reino de Sardeña e de Córsega), foi creado en 1297 polo papa Bonifacio VIII para solucionar os conflitos entre a casa de Anjou e de Aragón sobre o Reino de Sicilia, conflitos orixinados a partir das Vésperas sicilianas. Así pois naceu como reino de compensación, asignado a Xaime II de Aragón.

Reino de Sardeña-Piemonte[editar | editar a fonte]

Esgotados polas loitas con España, os Savoia non puideron evitar que a nova ofensiva francesa conseguise someter outra vez o Piemonte (1631). As tentativas para reconquistar a liberdade foron numerosas; en 1706 os Savoia, coa axuda austríaca conseguírono, o que lles permitiu aumentar os seus territorios e comprar Sicilia, que máis tarde cambiaron por Sardeña (de aquí o novo título para os Savoia de Reis de Sardeña).

En 1718, despois do Congreso de Londres, Sardeña pasou a Vítor Amadeo II de Savoia.