Iñaki Urdangarin
| Iñaki Urdangarin | |
|---|---|
| Duque consorte de Palma de Mallorca | |
| Nome completo | Iñaki Urdangarin Liebaert |
| Nacemento | 15 de xaneiro de 1968 Zumarraga, Guipúscoa, España |
| Cónxuxe/s | Cristina de Borbón (1997 - actual) |
| Descendencia | |
| Pai | Juan María Urdangarin Berriochoa |
| Nai | Claire Liebaert Courtain |
Iñaki Urdangarin Liebaert, Duque de Palma de Mallorca, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 15 de xaneiro de 1968, é un ex xogador de balonmán español e esposo da Infanta de España e Duquesa de Palma de Mallorca Cristina de Borbón. Ten tratamento de excelentísimo señor.
Índice |
Biografía [editar]
Como xogador [editar]
Despois de pasar polo BM Guadalajara, xogou profesionalmente na sección de balonmán do Futbol Club Barcelona durante 14 tempadas, entre 1986 e 2000. Co FC Barcelona gañou 6 Copas, 2 Recopas e 4 Supercopas de Europa, ademais de 10 Ligas ASOBAL, 7 Copas do Rei, 9 Supercopas de España, 3 Copas ASOBAL e 11 ligas catalás.
Foi internacional pola Selección de balonmán de España en tres Xogos Olímpicos, contribuíndo á consecución de dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sidney 2000, ademais dunha medalla de bronce nun Europeo. No ano 2000 retirouse da competición.
Consorte [editar]
O 4 de outubro de 1997, casou coa infanta Cristina de Borbón na Catedral de Santa Eulalia de Barcelona, ocasión pola cal o rei concedeu á súa filla o título de Duquesa de Palma de Mallorca. Tiveron catro fillos que ocupan os postos do oitavo ao undécimo no orde de sucesión ao rei Xoán Carlos I:
- Juan Valentín de Todos los Santos, Grande de España, nado o 29 de setembro de 1999.
- Pablo Nicolás de Todos los Santos, Grande de España, nado o 6 de decembro de 2000.
- Miguel de Todos los Santos, Grande de España, nado o 30 de abril de 2002.
- Irene de Todos los Santos, Grande de España, nada o 5 de xuño de 2005.
Acusado de corrupción [editar]
En novembro de 2011, Urdangarin e os seus socios foron investigados no caso Babel, derivado da investigación do caso Palma Arena.[1] O 10 de novembro apareceu nos medios de comunicación a noticia dunha probable imputación por un suposto desvío de diñeiro público desde o Instituto Nóos que presidía.
Mediante un comunicado, La Zarzuela apartou a Iñaki Urdangarin dos seus actos oficiais o 12 de decembro de 2011, porque o seu comportamento non era «exemplar» para a Casa do Rei.[2]
O 29 de decembro de 2011 foi imputado polo xuíz José Castro, e citouse para comparecer o día 6 de febreiro de 2012, podéndose atrasar esta data se así é de interese para a súa representación. Dous días despois da imputación, o xuíz Castro aceptou atrasar a declaración de Urdangarin como imputado ao día 25 de febreiro. A declaración do imputado durou máis de 22 horas, durante o día 25 e a madrugada do 27 de febreiro;[3] declarou que non coñecía a existencia de empresas para desviar diñeiro público, culpou a Diego Torres e asegurou que o papel da infanta Cristina na trama empresarial era meramente testemuñal e que o rei pediulle que se desvinculase das súas actividades profesionais.[4]
Palmarés como xogador [editar]
FC Barcelona [editar]
- Títulos internacionais:
-
- 6 Copas de Europa: 1990-1991, 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999 e 1999-2000.
- 2 Recopa de Europa de balonmán: 1993-1994, 1994-1995.
- 4 Supercopa de Europa de balonmán: 1995-1996, 1996-1997, 1997-1998, 1998-1999.
- Títulos nacionais:
Selección española [editar]
Foi 154 veces internacional coa Selección española, coa que participou en 9 grandes eventos internacionais:
- Xogos Olímpicos de Barcelona 1992: quinto.
- Xogos Olímpicos de Atlanta 1996: terceiro e medalla de bronce

- Xogos Olímpicos de Sidney 2000: terceiro e medalla de bronce

- Mundial Junior de España 1989: segundo e medalla de prata.

- Mundial de Suecia 1993: quinto.
- Mundial de Xapón 1997: sétimo.
- Mundial de Exipto 1999: cuarto.
- Europeo de Portugal 1994: quinto.
- Europeo de Croacia 2000: terceiro e medalla de bronce

Títulos nobiliarios [editar]
- Excelentísimo señor don Iñaki Urdangarin, duque consorte de Palma de Mallorca (desde o 4 de outubro de 1997).
Distincións [editar]
Notas [editar]
- ↑ "Urdangarin será imputado antes de dous meses e a súa esposa non será implicada". 07/12/2011. http://politica.elpais.com/politica/2011/12/06/actualidad/1323203059_815521.html.
- ↑ "Zarzuela aparta a Urdangarin dos seus actos oficiais porque o seu comportamento "non lle parece exemplar"". 12.12.2011. http://www.rtve.es/noticias/20111212/casa-del-rey-no-parece-ejemplar-comportamiento-urdangarin-aparta-actos-institucionales/481375.shtml.
- ↑ "Urdangarin desvincúlase da trama de Nóos tras máis de 22 horas de declaración". 27.2.2012. http://www.europapress.es/nacional/noticia-urdangarin-desvincula-trama-noos-mas-22-horas-declaracion-20120227081302.html.
- ↑ "Declaración de Iñaki Urdangarin". 27.2.2012. http://www.rtve.es/noticias/20120227/mas-relevante-declaracion-urdangarin/501538.shtml.
- ↑ Casa de Su Majestad el Rey