Congreso dos Deputados de España
A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:
- exercen a potestade lexislativa do Estado.
- aproban os seus orzamentos.
- controlan a acción do Goberno.
- e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as enmendas ou vetos que pode aproba-lo Senado sobor destes textos lexislativos.
Índice |
Composición[editar]
A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixara en 350 o número de membros da Cámara.
Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.
| Partido | Portavoz | % | Dif. | Dif. | |||
| Partido Popular-Unión del Pueblo Navarro (PP-UPN) | Alfonso Alonso | 44,63% | 186 | +32 | |||
| Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | Rubalcaba | 39,94 | 110 | +6 | |||
| Izquierda Unida (IU) - Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) | Gaspar Llamazares | 3,77 | 11 | -3 | |||
| Convergència i Unió (CiU) | Josep Antoni Duran i Lleida | 3,03 | 16 | = | |||
| Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | Josu Erkoreka | 1,19 | 5 | -1 | |||
| Unión Progreso y Democracia (UPyD) | Rosa Díez | 1,19 | 5 | +1 | |||
| Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | Joan Ridao | 1,16 | 3 | -5 | |||
| Bloque Nacionalista Galego (BNG) | Francisco Jorquera | 0,83 | 2 | = | |||
| Coalición Canaria (CC) | Ana Oramas | 0,68 | 2 | -1 | |||
| Nafarroa Bai (Na-Bai) | Uxue Barkos | = | 1 | = | |||
Mesa do Congreso dos Deputados 2011-2015[editar]
- Presidente: Jesús Posada (PP).
- Vicepresidenta Primeira: Celia Villalobos (PP)
- Vicepresidenta Segunda: Javier Barrero (PSOE)
- Vicepresidente Terceiro: Dolors Montserrat (PP)
- Vicepresidente Cuarto: Jordi Jané (CiU)
- Secretario Primeiro: Ignacio Gil Lázaro (PP)
- Secretario Segundo: Carmela Silva (PSOE)
- Secretario Terceiro: Teresa Cunillera (PSC)
- Secretaria Cuarta: Santiago Cervera (PP)
Prerrogativas dos deputados[editar]
Os deputados, o mesmo que os Senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.
- A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten caracter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Reglamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.
- A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.
Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.