Estoril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°42′24″N 9°23′52″W / 38.70667°N 9.39778°W / 38.70667; -9.39778

Estoril
Pt-csc1.png CSC-estoril.png
Praia do Tamariz - Estoril.jpg
Situación xeográfica
LocalCascais.svg
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Lisboa
Subrexión Grande Lisboa
Distrito Lisboa
Concello Cascais
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 8,79 km²
Poboación
Poboación 26.397 hab. (2011)
Densidade 3.003,1 hab/km²
Xentilicio Estorilense
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Estoril é unha vila portuguesa, pertecente ao concello de Cascais. Cunha área de 8,79 km², en 2011 tiña 26.397 habitantes, cunha densidade de 3003,1 hab./km². Até 2013 foi unha freguesía de seu, pasando nese ano á União das Freguesias de Cascais e Estoril[1].

Está situado moi preto de Lisboa. Entre os seus puntos de interese está o Parque Natural de Sintra-Cascais, o maior casino de Europa, o Autódromo do Estoril e varios campos de golf.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo algunhas fontes, o topónimo Estoril deriva etimoloxicamente do termo "estéril", ou deshabitado.

Comezou a acadar sona a comezos do século XX da man de Fausto Cardoso de Figueiredo, propietario da concesión de explotación de xogo, e do seu sócio, Augusto Carreira de Sousa. En 1913 comezou o proxecto para lanzar Estoril como centro turístico, que foi atrasado pola Primeira Guerra Mundial. O 16 de xaneiro de 1916 colocouse a primeira pedra do casino de Estoril. Construíronse vivendas e infraestruturas en terreos anteriormente ocupados por piñeirais e terras agrícolas.

A partir de 1940 aumentou a súa popularidade grazas a unha nova estrada pegada ao mar. Durante a Segunda Guerra Mundial e despois dela recibiu numerosos refuxiados e exiliados, como Xoán de Borbón, e os Reis Humberto II de Italia, Carlos II de Romanía e Simeón II de Bulgaria, o rexente Miklós Horthy do Reino de Hungría, amais de figuras do panorama deportivo e cultural. En 1956 o príncipe Xoán Carlos matou accidentalmente o seu irmán Alfonso.

Na poboación de São João do Estoril tiña a súa residencia de vacacións o Presidente do Consello de Ministros António de Oliveira Salazar. Na súa época como tal, construíuse a Estrada Nacional n.º 6, máis coñecida como Avenida Marginal.

Poboacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estoril