Príncipe de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of Arms of the Prince of Asturias.svg

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Dona Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Orixe do título[editar | editar a fonte]

As orixes do Principado de Asturias remóntanse aos primeiros anos do século XIV, cando, nas chamadas Asturias de Oviedo, constituír o primeiro gran señorío nobiliario para don Rodrigo Álvarez, que pasou a chamarse don Rodrigo Álvarez das Asturias (utilizando en ocasións o apelido "Álvarez-Nava", como equivalente ao "Álvarez das Asturias", por proceder don Rodrigo do solar de Nava, vila do Principado de Asturias). Ao morrer sen sucesión, pasou a don Enrique de Trastámara que, á súa vez, cedeuno a un fillo bastardo: Alonso Enríquez. Durante o reinado de Xoán I, o conde de Noreña protagonizou unha serie de revoltas que decidiron ao Rei a confiscar o señorío e incorporalo á Coroa.

En 1388, a raíz do matrimonio acordado polo rei Xoán I de Castela e por Xoán de Gante, duque de Lancaster entre os seus respectivos fillos, o Infante don Henrique e dona Catalina (acordo de Baiona), para pór así fin ás pretensións dos Lancaster á coroa de Castela (como descendentes de Pedro I), decidiuse que, así como en Inglaterra o herdeiro do trono era titulado Príncipe de Gales e en Francia Delfín, en Castela sería Príncipe de Asturias.

E otrosí pusieron e ordenaron los dichos rey don Juan e duque de Alencastre en sus tratos que el dicho infante don Enrique oviese titulo de se llamar principe de Asturias e la dicha infanta doña Catalina, princesa.

O título de Príncipe de Asturias en diante sería ostentado polo herdeiro da Coroa de Castela e de España.

Nos primeiros tempos da institución de Príncipe de Asturias non foi un simple título de honra, pois o territorio asturiano pertencíalles como patrimonio. A persoa á que se lle outorgaba este título podía nomear xuíces, alcaldes, etc., que gobernaban o Principado en representación do seu Señor. Esta situación cambiou cos Reis Católicos, que reduciron o título de Príncipe de Asturias a unha condición honorífica, carácter que se mantivo cos reis da Casa de Austria e coa dinastía dos Borbóns.

Lista dos príncipes de Asturias[editar | editar a fonte]

Imaxe Príncipe de Asturias Herdeiro de Inicio Fin
Ano Causa
Segovia Alcazar stained glass 05.jpg Henrique de Castela Xoán I 1388 1390 Accede ao trono como Henrique III
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries.svg María de Castela Henrique III 1402 1405 Desprazada polo nacemento do seguinte
Burgos - Cartuja de Miraflores - Tumba de Juan II de Castilla.jpg Xoán de Castela Henrique III 1405 1406 Accede ao trono como Xoán II
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries.svg Catalina de Castela Xoán II 1422 1424 Falecida
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries.svg Leonor de Castela
(adoita omitirse das listas de Príncipes de Asturias)[1]
Xoán II 1424 1425 Desprazada polo nacemento do seguinte
ENRIQUEIV.jpeg Henrique IV Xoán II 1425 1454 Accede ao trono como Henrique IV
Juana la Beltraneja.jpg Xoana de Castela Henrique IV 1462 1464 Desherdada en favor do seguinte
Cartuja de Miraflores (Burgos) - Tumba de Alfonso de Castilla - Detalle.jpg Afonso de Castela Henrique IV 1464 1465[2] Proclamado rei por un grupo de nobres (farsa de Ávila)[2]
1468[2] Falecido[2]
Isabel la reina catolica.jpg Isabel de Castela Henrique IV 1468[3] 1470[4] Desherdada en favor da seguinte[4]
1474[5] Autoproclamada raíña[5]
Juana la Beltraneja.jpg Xoana de Castela Henrique IV 1470[4] 1475[5] Autoproclamada raíña[5]
1479[5] Perde a Guerra contra Isabel[5]
Elisabet, reina de Portugal.jpg Isabel de Aragón Isabel I 1476 1480 Desprazada polo nacemento do seguinte
Juan of Spain1.jpeg Xoán de Aragón Isabel I 1480 1497 Falecido
Elisabet, reina de Portugal.jpg Isabel de Aragón Isabel I 1498 1498 Falecida
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries.svg Miguel da Paz de Portugal Isabel I 1499 1500 Falecido
Juan de Flandes 003.jpg Xoana de Aragón Isabel I 1502 1504 Accede ao trono como Xoana I
Bernaerd van Orley 004.jpg Carlos de Austria Xoana I 1506 1516 Accede ao trono como Carlos I
Philip II of Spain (young, French School).jpg Filipe de Austria Carlos I 1528 1556 Accede ao trono como Filipe II
Alonso Sánchez Coello 005.jpg Carlos de Austria Filipe II 1560 1568 Falecido
Philip II offering Fernando to Victory.png Fernando de Austria Filipe II 1573 1578 Falecido
DiegoSpanien.jpg Diego de Austria Filipe II 1580 1582 Falecido
Juan Pantoja de la Cruz 002.jpg Filipe de Austria Filipe II 1584 1598 Accede ao trono como Filipe III
Philip IV of Spain as Prince of Asturias, Bartolome Gonzalez y Serrano 003.jpg Filipe de Austria Filipe III 1608 1621 Accede ao trono como Filipe IV
Diego Velázquez 070.jpg Baltasar Carlos de Austria Filipe IV 1632 1646 Falecido
Prince Philip Prospero by Diego Velázquez.jpg Filipe Próspero de Austria Filipe IV 1658 1661 Falecido
Retrato ecuestre de Carlos II niño.jpg Carlos de Austria Filipe IV 1661 1665 Accede ao trono como Carlos II
Luis I, príncipe de Asturias.jpg Luís de Borbón Filipe V 1709 1724 Accede ao trono como Luís I
Fernando6.jpg Fernando de Borbón Filipe V 1724 1746 Accede ao trono como Fernando VI
Anton Raphael Mengs, Prince of Asturias, Future Charles IV of Spain (са 1765) - 02.jpg Carlos de Borbón Carlos III 1760 1788 Accede ao trono como Carlos IV
Fernando de Borbón, príncipe de Asturias.jpg Fernando de Borbón Carlos IV 1789 1808 Accede ao trono como Fernando VII
Doña Isabel II, niña (anónimo).jpg Isabel de Borbón Fernando VII 1830
(1833)[6]
1833 Accede ao trono como Isabel II
Isabella, Infanta of Spain and Princess of Asturias.jpg Isabel de Borbón Isabel II 1851 1857 Desprazada polo nacemento do seguinte
Alfonso XII de España, c. 1870.jpg Afonso de Borbón Isabel II 1857 1870 Recibe os dereitos dinásticos da súa nai, a raíña Isabel II (no exilio)
2nd Duke of Aosta.jpg Manuel Filiberto de Saboia Amadeo I 1871 1873 Abdicación do seu pai, o rei Amadeo I
Infanta Isabella of Spain (1851–1931).jpg Isabel de Borbón Afonso XII 1875 1880 Desprazada polo nacemento da seguinte
Mercedes princess of Asturias.jpg María das Mercedes de Borbón Afonso XII 1881 1904 Falecida
Afonso XIII
Mercedesconesposoehijos-1.jpg Afonso de Borbón-Dúas Sicilias
(Herdeiro da Coroa sen tratamento de Príncipe de Asturias)[7]
Afonso XIII 1904 1907 Desprazado polo nacemento do seguinte
Alfonso Prince of Asturias.jpg Afonso de Borbón Afonso XIII 1907 1933 Renuncia aos seus dereitos á Coroa
J. de Borbón.jpg Xoán de Borbón[8] Afonso XIII 1933 1941 Accede á Xefatura da Casa Real
Busto de Juan Carlos I de España (2009).jpg Xoán Carlos de Borbón[9] Xoán de Borbón 1941 1975[10] Accede ao trono como Xoán Carlos I
Felipe VI, King of Spain.jpg Filipe de Borbón Xoán Carlos I 1977 2014 Accede ao trono como Filipe VI
Leonor de Borbón Filipe VI 2014 Actualidade -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xurada como Princesa de Asturias unicamente por doce procuradores das Cortes de Castela. Adoita omitirse nas listas de Príncipes de Asturias ("A numeración dos Príncipes de Asturias")
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 O 5 de xuño de 1465, no que se denominou "farsa de Ávila", un grupo de nobres proclamou rei ao Príncipe Afonso. O príncipe morreu por causas descoñecidas en 1468, deixando a Henrique IV como único rei
  3. Polo Pacto dos Toros de Guisando do 19 de setembro de 1468, Henrique IV recoñecía á súa medio irmán Isabel como Princesa de Asturias
  4. 4,0 4,1 4,2 Na Cerimonia da Val de Lozoya, celebrada o 26 de outubro de 1470, Henrique IV anulou o Pacto dos Toros de Guisando e proclamou Princesa de Asturias á súa filla Xoana
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Tras a morte en 1474 de Henrique IV desencadeouse unha guerra pola sucesión entre Isabel e Xoana. Isabel autoproclamouse raíña o 13 de decembro de 1474 e Xoana o 30 de maio de 1475. O 4 de setembro de 1479, o Tratado de Alcáçovas puxo fin á contenda, quedando Isabel como única raíña
  6. Proclamada Princesa de Asturias mediante o Real Decreto do 13 de outubro de 1830 e xurada como Herdeira da Coroa o 20 de xuño de 1833
  7. Por Real Decreto do 17 de outubro de 1904, gozou de todas as honras que lle correspondían como Herdeiro da Coroa, pero nunca ostentou o título de Príncipe de Asturias
  8. Príncipe titular de Asturias por nomeamento do seu pai, o Rei Afonso XIII (no exilio)
  9. Príncipe titular de Asturias polo nomeamento do seu pai, o Xefe da Casa Real
  10. Desde 1969, en virtude da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado ostentaba o título de Príncipe de España

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]