Herman Van Rompuy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herman Van Rompuy
Herman Van Rompuy 675.jpg
Herman Van Rompuy
Presidente do Consello Europeo
Período: 1 de decembro de 2009 - actualidade
Antecesor:
Sucesor:
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 31 de outubro de 1947
Lugar: Etterbeek, Bélxica
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: CD&V
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Geertrui Windels
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Herman Van Rompuy, nado o 31 de outubro de 1947 en Etterbeek, é un político belga flamengo, presidente do Consello Europeo desde o 1 de decembro de 2009, foi primeiro ministro de Bélxica desde o 30 de decembro de 2008 ata o 25 de novembro de 2009 , pertence ó partido Cristiáns Demócratas e Flamengos (CDV) e foi presidente da Cámara dos Representantes de Bélxica do 12 de xullo de 2007 ó 30 de decembro de 2008.

Biografía[editar | editar a fonte]

Herman Van Rompuy é fillo do profesor de economía Vic Van Rompuy, Herman realizou estudos secundarios no instituto Sint-Jan-Berchmans de Bruxelas, especializándose en humanidades grecolatinas. Licenciouse en ciencias económicas pola Katholieke Universiteit Leuven. Ingresou no servizo de estudos do Banco Nacional (1972-1975). Entre 1973 e 1975 foi vicepresidente das mocidades do Partido Popular Cristián (CVP) e desde 1978 é membro do Consello Nacional da CVP (desde 2001 CDV). Foi conselleiro do primeiro ministro Leo Tindemans (1947-1978) e do ministro de finanzas, Gaston Geens (1978-1980). Desde 1980 a 1988 foi director do centro de estudos do seu partido, o CEPESS. Participou nas negociacións para a formación dos gobernosde Wilfried Martens (III e VIII) (1982-1988) e de Jean-Luc Dehaene (I e II). De 1982 a 1988 ensinou na Vlekho (Vlaamse Ekonomische Hogeschool van Brussel ) e foi presidente da CVP en Bruxelas-Halle-Vilvoorde. Entre 1988 e 1993 foi o presidente nacional do seu partido e senador (1988-1995).

En setembro de 1993, Van Rompuy sucedeu a Mieke Offeciers como ministro de Orzamentos como tamén o foi, ademais de vicepresidente no gobernos Dehaene I e II (ata 1999). En tanto ministro de Orzamentos conseguiu en seis anos reducir de xeito moi importante o déficit presupostario belga. As eleccións de 1999 supuxeron un revés para o seu partido que pasou á oposición, Van Rompuy quedou como simple deputado, xa o era desde 1995. En 2004 o rei noméao ministro de Estado[1]. En 2007 a primeira cámara do parlamento belga elixiu a Van Rompuy como o seu presidente. Do 29 de agosto ó 29 de setembro de 2007 o rei nomeouno explorador para saír do impase no que se atopaba a formación do goberno.

Primeiro ministro[editar | editar a fonte]

O 28 de decembro de 2008 o rei Alberte II designouno formador coa misión de formar un goberno que sucedese ó de Yves Leterme.

O 30 de decembro 2008, logo de se entrevistar cos presidentes dos partidos da antiga maioría, Van Rompuy, conseguiu finalmente un acordo sobre a composición do novo goberno, nese día xurou o seu cargo no Palacio de Laeken.

O 31 de decembro de 2008, Herman Van Rompuy presentou diante os deputados e senadores a súa declaración de política xeral. O 2 de xaneiro a Cámara dos Representantes deulle a confianza ó goberno de Van Rompuy.

Primeiro Ministro de Bélxica

Segue a:
Yves Leterme
Herman Van Rompuy
Precede a:
Yves Leterme
CD&V

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • De kentering der tijden, Lannoo, 1979
  • Hopen na 1984, Davidsfonds, 1984
  • Het christendom. Een moderne gedachte, Davidsfonds, 1990
  • Vernieuwing in hoofd en hart. Een tegendraadse visie, Davidsfonds, 1998
  • De binnenkant op een kier. Avonden zonder politiek, Lannoo, 2000
  • Dagboek van een vijftiger, Davidsfonds, 2004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En Bélxica un ministro de Estado é un título honorífico que concede o rei ás personalidades políticas especialmente meritorias. Forman o Consello da Coroa que ten carácter consultivo e que se axunta en ocasións moi especiais

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]