Elena de Borbón e Grecia
| Elena de Borbón e Grecia | |
|---|---|
| Infanta de España e Duquesa de Lugo | |
Elena de Borbón en Zaragoza. |
|
| Nome completo | Elena María Isabel Dominica de Silos de Borbón y Grecia |
| Nacemento | 20 de decembro de 1963 Madrid, España |
| Cónxuxe/s | Jaime de Marichalar (1995-2010) |
| Descendencia | |
| Casa Real | Casa de Borbón |
| Pai | Xoán Carlos I de España |
| Nai | Sofía de Grecia |
Elena de Borbón e Grecia, infanta de España e duquesa de Lugo, é a filla máis vella dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía. Naceu o 20 de decembro de 1963 en Madrid. O seu nome completo é Elena María Isabel Dominica de Silos de Borbón y Grecia. É a cuarta na liña de sucesión despois do seu irmán Filipe de Borbón e Grecia e as súas fillas Leonor de Borbón e Sofía de Borbón.
Índice |
[editar] Traxectoria
É licenciada en maxisterio infantil con especialización en inglés pero non exerce. É presidenta de honor do Comité Paralímico Español[1] asistindo aos Xogos Paralímpicos de Barcelona, Atlanta ou Sidney. É unha gran afeccionada á equitación e aos deportes de inverno, que practica habitualmente.
Casou na catedral de Sevilla con Jaime de Marichalar e ten dous fillos: Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, Grande de España, e Victoria Federica de Todos los Santos, Grande de España. O 13 de novembro de 2007, a Casa Real anunciou a "suspensión temporal da súa convivencia matrimonial" co Duque de Lugo.[2]
A infanta Elena comprou en 2007 Global Cinoscéfalos, unha sociedade limitada por un capital de 3.600 €, o seu obxectivo era de tipo social e dedicábase ao asesoramento en materia económica. En xullo de 2008 a Casa Real anunciou que a infanta tiña un contrato coa Fundación MAPFRE e que sería a encargada de dirixir a área de acción social.