Patxi López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patxi López no 2007

Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). É o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia obreira e dende neno aleitou as ideas socialistas: o seu pai era o histórico dirixente do socialismo vasco Eduardo López Albizu "Lalo". Ingresou nas Mocidades Socialistas de Euskadi en 1975, sendo elixido Secretario Xeral en 1985, cargo que ocupa ata 1988. Ingresou no Partido Socialista de Euskadi en 1977, entrando a formar parte da súa Comisión Executiva en 1988. Foi elixido en 1986 Deputado por Biscaia no Congreso dos Deputados sendo un dos electos máis novos de España ata 1990. Asumiu a Secretaría de Organización do PSE en 1991, cargo do que dimite en 1995 para asumir a Secretaría Institucional dos Socialistas Biscaíños ata 1997. En outubro dese mesmo ano é elixido Secretario Xeral do PSE-EE de Biscaia, sendo reelixido en decembro de 2000.

Foi elixido Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra PSE-EE o 23 de marzo de 2002. É membro do Comité Federal do PSOE e Deputado no Parlamento Vasco dende 1991, onde actualmente é o Presidente do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos - Euskal Sozialistak".

En outubro de 2007, xunto ao Presidente do Goberno Vasco, Juan José Ibarretxe, e ao dirixente socialista Rodolfo Ares, foille aberto xuízo oral polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, en contra da opinión do Ministerio Fiscal, acusado dun delito de desobediencia en virtude do establecido no artigo 556 do Código Penal, ao terse reunido o 6 de xullo de 2006, durante a tregua de ETA, coa organización ilegal Batasuna.


Predecesor:
Juan José Ibarretxe
Escudo del Pais Vasco.svg
Lehendakari

2009 - 2012
Sucesor:
Iñigo Urkullu
Predecesor:
Nicolás Redondo Terreros
Secretario Xeral do PSE-EE-PSOE
2002 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Patxi López

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]