Ducado de Milán
| Ducato di Milano (en italiano) Ducatus Mediolani (en latín) Ducado de Milán |
|||||
|
|||||
|
|||||
| Capital | Milán | ||||
| Lingua | Latín e Lombardo occidental | ||||
| Relixión | Igrexa católica | ||||
| Goberno | Principado | ||||
| Duque de Milán | Gian Galeazzo Visconti | ||||
| Francisco I de Austria | |||||
| Historia | |||||
| • Establecido | 1395 | ||||
| • República Ambrosiana | 1447–1450 | ||||
| • Dominio Sforza | 1450-1499 | ||||
| • Dominio Francés | 1499–1512, 1515-1521 | ||||
| • Dominio Austríaco | 1706–1797 | ||||
| • Tratado de Campo Formio | 1797 | ||||
| Moeda | Escudo milanés | ||||
O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.
O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.
Índice |
[editar] Dominio francés
En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Luís XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu padre sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francisco II Sforza.
Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavía (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francisco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).
[editar] Dominio español
Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.
O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.
[editar] Dominio imperial
O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.
[editar] Dominio napoleónico
Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.
[editar] Unificación italiana
A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.
[editar] Gobernantes do Ducado de Milán
A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.
| Nome | Mandato | Notas |
|---|---|---|
| Señores de Milán, casas de della Torre (tamén coñecida como Torriani) e Visconti (1197–1395) | ||
| Pagano I della Torre | 1197–1241 | |
| Pagano II della Torre | 1247–1257 | |
| Manfredo Lancia | 1253–1256 | |
| Martín della Torre | 1257–1259 | |
| Oberto Pelavicino | 1259–1264 | |
| Filipe della Torre | 1263–1265 | |
| Napoleón della Torre | 1265–1277 | |
| Otón Visconti, Arcebispo de Milán | 1277–1294 | |
| Mateo I Visconti | 1294–1302 | |
| Guido della Torre | 1302–1311 | |
| Mateo I Visconti | 1311–1322 | (reposto) |
| Galeazzo I Visconti | 1322–1327 | |
| Azzone Visconti | 1329–1339 | |
| Luchino Visconti | 1339–1349 | |
| Giovanni Visconti, Arcebispo de Milán | 1349–1354 | |
| Mateo II Visconti | 1349–1355 | |
| Galeazzo II Visconti | 1349–1378 | |
| Bernabé Visconti | 1349–1385 | |
| Gian Galeazzo Visconti | 1378–1395 | |
| Duques de Milán, casa de Visconti (1395–1447) | ||
| Gian Galeazzo Visconti | 1395–1402 | |
| Giovanni Maria Visconti | 1402–1412 | Fillo de Gian Galeazzo; asasinado |
| Filipe Maria Visconti | 1412–1447 | Irmán de Gian María |
| República Ambrosiana (1447–1450) | ||
| República Ambrosiana | ||
| Duques de Milán, casa de Sforza (1450–1499) | ||
| Francisco I Sforza | 1450–1466 | casado cunha filla de Filipe Maria |
| Galeazo María Sforza | 1466–1476 | Fillo de Francisco |
| Gian Galeazzo Sforza | 1476–1494 | Fillo de Galeazzo María |
| Ludovico Sforza | 1494–1499 | fillo de Francisco |
| Duques de Milán, alternancia das casas de Sforza e Valois - guerras hispano-francesas de Milán (1499–1540) | ||
| Luís XII de Francia | 1499–1500 | neto de Valentina, filla de Gian Galeazzo Visconti |
| Ludovico Sforza | 1500 | (reposto) |
| Luís XII de Francia | 1500–1512 | (reposto) |
| Maximiliano Sforza | 1512–1515 | fillo de Ludovico |
| Francisco I de Francia | 1515–1525 | bisneto de Valentina |
| Francisco II Sforza | 1525–1535 | fillo de Ludovico, irmán de Maximiliano |
| Duques de Milán, casas de Austria e de Borbón - goberno español (1540–1706) | ||
| Filipe II de España | 1540–1598 | Despois da morte de Francisco II, o emperador Carlos V reclamou o ducado para o seu fillo Filipe. |
| Filipe III de España | 1598–1621 | fillo de Filipe II |
| Filipe IV de España | 1621–1665 | fillo de Filipe III |
| Carlos II de España | 1665–1700 | fillo de Filipe IV |
| Filipe V de España | 1700–1706 | bisneto de Filipe IV |
| Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1706-1797) | ||
| Carlos VI | 1706–1740 | bisneto de Filipe III |
| María Teresa I de Austria | 1740–1780 | filla de Carlos VI |
| Xosé II de Habsburgo | 1780–1790 | fillo de María Teresa |
| Leopoldo II de Austria | 1790–1792 | irmán de Xosé II |
| Francisco I de Austria | 1792–1797 | fillo de Leopoldo II |
| República Cisalpina (1797–1799) | ||
| República Cisalpina | ||
| Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1799-1800) | ||
| Francisco I de Austria | 1799–1800 | (reposto) |
| Comisión Imperial do conde de Mantua | 1800 | |
| República Cisalpina restaurada (1800–1805) | ||
| Comisión Extraordinaria de Goberno | 1800–1802 | |
| Napoleón Bonaparte | 1802–1805 | Presidente da República Cisalpina |
| Reis de Italia, casa Bonaparte - goberno francés (1805-1814) | ||
| Napoleón Bonaparte | 1805–1814 | previamente Presidente da República Cisalpina |
| Eugène de Beauharnais | 1805–1814 | Vicerri do Reino de Italia |
| Reis de Lombardía-Venecia, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1814-1859) | ||
| Francisco I de Austria | 1814–1835 | previamente Duque de Milán |
| Príncipe Henrique XV Reuss zu Plauen | 1814–1815 | Vicerrei de Francisco I |
| Conde Federico Henrique von Bellegarde | 1815–1816 | Vicerrei de Francisco I |
| Arquiduque Antón Vítor de Austria | 1816–1818 | Vicerrei de Francisco I |
| Arquiduque Rainiero de Austria | 1818–1835 | Vicerrei de Francisco I |
| Fernando I de Austria | 1835–1848 | fillo de Francisco I |
| Arquiduque Rainiero de Austria | 1835–1848 | Vicerrei de Fernando I |
| Francisco Xosé de Austria | 1848–1859 | primo de Fernando I |
| Conde Xosé Radetzky von Radetz | 1848–1857 | Vicerrei de Francisco Xosé |
| Arquiduque Maximiliano de Austria | 1857–1859 | Vicerrei de Francisco Xosé |
| Conde Ferencz Gyulai | 1859 | Vicerrei de Francisco Xosé |
| Baron Heinrich Hermann von Hess | 1859 | Vicerrei de Francisco Xosé |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo Milano: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0
- VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85