18 de novembro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| << | Novembro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | 2 | 3 | ||||
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
| 2013 Todos os días |
||||||
O 18 de novembro é o 322º día do ano no Calendario Gregoriano e o 323º nos anos bisestos. Quedan 43 días para rematar o ano.
17 de novembro < 18 de novembro < 19 de novembro
Índice |
Acontecementos [editar]
- 1307 - Guillerme Tell disparou unha frecha á mazá colocada sobre a cabeza do seu fillo, comezando así a revolta que deu a Suíza a súa liberdade.
- 1541 - Miguel Anxo finaliza o fresco do Xuízo final da Capela Sistina.
- 1723 - Fundación da cidade de Ekaterinburgo en Rusia, onde será asasinada a familia imperial rusa en 1918.
- 1903 - O Tratado de Hay-Buneau-Varilla cede o Canal do Panamá ós Estados Unidos
- 1916 - Termina a primeira batalla do río Somme, en Francia, na Primeira Guerra Mundial
- 1918 - Independencia de Letonia
- 1952 - España é admitida na Unesco, e ingresa formalmente o 30 de xaneiro de 1953.
- 1978 - Suicidio colectivo en Jonestown, Güiana de 913 adeptos do reverendo Jim Jones, creador da seita Templo do Pobo
Nacementos [editar]
- 1787 - Louis Daguerre, francés, inventor do daguerrotipo (precursor da fotografía) (m. 1851).
- 1789 - Carl Maria von Weber, compositor romántico alemán (m. 1829).
- 1809 - Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz, delincuente galego (m. 1854).
- 1824 - Franz Sigel, militar alemán (m. 1902).
- 1882 - Jacques Maritain, filósofo metafísico francés (m. 1973).
- 1899 - Eugene Ormandy, director de orquestra e violinista húngaro (m. 1985).
- 1901 - George Gallup, sociólogo norteamericano (m. 1984).
- 1929 - Odón Luís Abad Flores, escritor e enxeñeiro agrónomo galego.
- 1930 - J.G. Ballard, escritor de ficción científica británico (m. 2009).
- 1953 - Alan Moore, guionista de banda deseñada.
- 1968 - Owen Wilson, actor estadounidense.
- 1974 - Chloë Sevigny, deseñadora de modas e ex-modelo estadounidense.
Mortes [editar]
- 1922 - Marcel Proust, escritor francés (n. 1871).
- 1941 - Walther Hermann Nernst, físico e químico alemán (n. 1864).
- 1952 - Paul Éluard, poeta francés (n. 1895).
- 1962 - Niels Bohr, científico dinamarqués (n. 1885).
- 1996 - Eliseo Alonso, escritor galego (n. 1924).
- 2002 - James Coburn, actor estadounidense (n. 1928).
- 2009 - Antonio Olives Quintás, político galego (n. 1952).
Festas e celebracións [editar]
- Día da Independencia, en Letonia.
Outros [editar]
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro