Landelino Lavilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Landelino Lavilla Alsina, nado en Lleida o 6 de agosto de 1934, é un xurista e político catalán que chegou a ser ministro e presidente do Congreso dos Deputados de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de botar a súa infancia e mocidade en Lleida, comezou a estudar dereito en Zaragoza e licenciouse finalmente na Universidade Central de Madrid. Alí entrou en contacto co cardeal Ángel Herrera Oria, fundador da Editorial Católica. Ingresou no Corpo de Letrados do Tribunal de Contas en 1958, con só 24 anos, e no corpo de Letrados do Consello de Estado en 1959. Aos 27 anos foi nomeado secretario xeral de Banco Español de Crédito e posteriormente foi vicepresidente e logo presidente da Editorial Católica[1]

Membro da Unión de Centro Democrático, foi elixido ministro de Xustiza en 1976 no primeiro goberno de Adolfo Suárez. En 1977 é designado senador polo rei Xoán Carlos I, onde se integra no Grupo da UCD. Mantén a carteira de Xustiza ata a convocatoria electoral de 1979, cando sae elixido deputado pola circunscrición de Xaén. Coa constitución das Cortes, convértese en presidente do Congreso dos Deputados, posto no que vivirá momentos históricos: o golpe de estado do 23F e a elección de leopoldo Calvo Sotelo como presidente en substitución de Suárez.

En 1982 foi elixido presidente de UCD, e encabezou a lista electoral da coalición centrista nas Eleccións Xerais de 1982 pola circunscrición de Madrid. Neses comicios a UCD sofre unha severa derrota e disólvese como partido. Nese momento Lavilla renuncia ao escano e pasa a formar parte do Consello de Estado.

En 1996 aspirou á presidencia do Consello Xeral do Poder Xudicial, pero o seu nomeamento non se consumou. En 2006 ingresou na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. É tamén membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, da que foi reelixido Presidente en xaneiro de 2008. Debe destacarse tamén a súa condición de Conselleiro Permanente do Consello de Estado. [2]


Predecesor:
Antonio Garrigues
Ministro de Xustiza
1977-1979
Sucesor:
Íñigo Cavero
Predecesor:
Fernando Álvarez de Miranda
Presidente do Congreso dos Deputados
1979-1982
Sucesor:
Gregorio Peces-Barba
Predecesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo
Presidente de Unión de Centro Democrático
1982-1983
Sucesor:
Ninguno

Notas[editar | editar a fonte]