María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
Condesa de Barcelona, Infanta de España, Princesa das Dúas Sicilias e Princesa da Casa de Borbón.
María de las Mercedes de Borbón y Orleans - 001.jpg
Busto da María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias.
Nome completo María de las Mercedes Cristina Genara Isabel Luisa Carolina Victoria de Todos los Santos de Borbón-Dos Sicilias y Orleans
Nacemento 23 de decembro de 1910
Madrid, España España
Falecemento 2 de xaneiro de 2000
Residencia Real de La Mareta, Lanzarote, España España
Sepultura Cripta Real do Mosteiro de El Escorial
Consorte Juan de Borbón y Battenberg
(1935 - 1993)
Descendencia
Casa Real Casa de Borbón-Dúas Sicilias
Pai Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias
Nai Luisa de Orleans

María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, nada en Madrid o 23 de decembro de 1910 e finada en Lanzarote o 2 de xaneiro de 2000, foi princesa das Dúas Sicilias, princesa da Casa de Borbón coas mesmas dignidades e honras que os infantes de España (concesión de Afonso XIII ao nacer), infanta de España e condesa de Barcelona por matrimonio (1935-2000).

Primeiros anos de vida[editar | editar a fonte]

Bautizada como María de las Mercedes Cristina Genara Isabel Luisa Carolina Victoria de Todos los Santos, era filla do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949) e da súa segunda esposa, a princesa Luisa de Orleans (1882-1958) que foi filla do príncipe Filipe de Orleans, conde de París e de María Isabel de Orleans, infanta de España por parte de nai e princesa de Orleans por parte de pai.

Naceu no denominado Palacio de Villamejor, no cal residían os seus pais e que é a actual sede do Ministerio de Administracións Públicas, Paseo da Castellana, 3, de Madrid. Unha placa no edificio recorda este feito. En 1929 foille concedida a Banda da Real Orde da Raíña María Luisa.

Viviu en Madrid durante os primeiros anos da súa vida. Trasladouse a Sevilla (cidade pola que sentiu especial predilección) co resto da súa familia cando o seu pai foi destinado á capital andaluza como capitán xeral da rexión militar correspondente. En 1931 por mor da proclamación da II República partiu cara ao exilio en Francia xunto á súa familia, residiu primeiro en Cannes e posteriormente en París.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

En 1935 con motivo da voda da infanta Beatriz, irmá de Xoán de Borbón, María das Mercés atopouse ao seu futuro marido en Roma. O infante Xoán de Borbón, conde de Barcelona, converteuse en sucesor dos dereitos dinásticos do seu pai Afonso XIII pola renuncia do seu dous irmáns maiores, e xa que logo, en Xefe da Casa Real Española e pretendente ao trono de España. El e María das Mercedes non se viron desde a proclamación da II República. O 12 de outubro de 1935 contraeron matrimonio na basílica de Santa María dos Anxos e os Mártires en Roma. Tiveron catro fillos:

Importancia pública[editar | editar a fonte]

Don Juan e dona María de las Mercedes residiron en Cannes (onde naceu a súa primoxénita, Pilar), Roma (onde naceron os seus outros tres fillos), e, ao desencadearse a II Guerra Mundial, trasladáronse a Lausana (na neutral Suíza) para vivir xunto á raíña Vitoria Euxenia, nai de don Xoán. Finalizado o conflito, fixaron a súa residencia en Estoril (Portugal), onde permanecerían ata o seu regreso a España en 1976, restaurada a monarquía por Franco. Durante o seu exilio María das Mercés visitou España nalgunhas ocasións: en 1949, para acudir ao enterro do seu pai en Sevilla, en 1964 para asistir ao bautizo a súa neta a infanta Elena e en 1969 acudiu ao do seu neto Felipe de Borbón, actual Príncipe de Asturias.

María de las Mercedes mediou entre o seu fillo e marido, distanciados por mor da designación de Xoán Carlos como sucesor por parte do xeneral Franco en 1969. O 14 de maio de 1977, Juan de Borbón renunciou á xefatura da Casa Real Española e aos seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Juan Carlos I (monarca desde o 22 de novembro de 1975).

Don Juan e a súa dona conservaron o título de condes de Barcelona que xa utilizaran durante o seu exilio.

Últimos anos de vida[editar | editar a fonte]

Dona María de las Mercedes fracturouse a cadeira dereita en 1982 e o fémur esquerdo en 1985, accidentes que lle fixeron ter que utilizar unha cadeira de rodas. O 1 de abril de 1993 morreu don Juan de Borbón a consecuencia dun cancro de larinxe.

A Condesa de Barcelona foi unha muller afeccionada á pintura, a música, a cultura andaluza e os touros. Ademais, foi socia de honra do Real Betis.

Desde o seu regreso a España, viviu sempre na urbanización Puerta del Hierro de Madrid, nun chalé chamado "Villa Giralda", como no que viviu en Estoril. Dona María faleceu repentinamente por mor dun ataque cardíaco na Residencia Real de La Mareta, na illa canaria de Lanzarote onde acudira toda a Familia Real para pasar uns días de descanso en Ano Novo, aos 89 anos de idade. Foi enterrada no Mosteiro de El Escorial.

Títulos[editar | editar a fonte]

Escudo da infanta de España María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, Condesa de Barcelona como consorte do Pretendente ó Trono de España e Xefe da Casa Real, (1941-1977).
Escudo de María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, Condesa de Barcelona despois da renuncia do seu marido como Pretendente ó Trono de España, (1977-2000).

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Francisco I, Rey de las Dos Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando II, Rei das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Infanta María Isabel de España
 
 
 
 
 
 
 
4. Príncipe Alfonso, Conde de Caserta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Archiduque Carlos, Duque de Teschen
 
 
 
 
 
 
 
9. Archiduquesa María Teresa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Princesa Enriqueta de Nassau-Weilburg
 
 
 
 
 
 
 
2. Infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias, Duque de Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Francisco I, Rey de las Dos Sicilias (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
10. Príncipe Francisco, conde de Trapani
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Infanta María Isabel de España (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
5. Princesa María Antonieta de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Leopoldo II, Gran Duque de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
11. Princesa María Isabel de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Princesa María Antonieta das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
1. Princesa María Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Condesa de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Luis Filipe I, Rei dos Franceses
 
 
 
 
 
 
 
12. Príncipe Fernando Felipe, Duque de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Princesa María Amalia das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
6. Príncipe Filipe, Conde de París
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Federico Luís, Gran Duque herdeiro de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
13. Duquesa Elena Luisa de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Princesa Carolina Luisa de Saxonia-Weimar-Eisenach
 
 
 
 
 
 
 
3. Princesa Luisa de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Luis Felipe I, Rei dos Franceses (= 24)
 
 
 
 
 
 
 
14. Príncipe Antonio, Duque de Montpensier
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Princesa María Amalia das Dúas Sicilias (= 25)
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa María Isabel de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Fernando VII, Rey de España
 
 
 
 
 
 
 
15. Infanta Luisa Fernanda de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Princesa María Cristina de las Dos Sicilias
 
 
 
 
 
 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]