Václav Havel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Václav Havel, en discurso durante a abertura de reunión do FMI/Banco Mundial, em 2000.

Václav Havel, pronunciado ['va:ʦlaf 'ɦavɛl], nado en Praga o 5 de outubro de 1936 e falecido o 18 de decembro de 2011 na mesma cidade, foi un escritor, dramaturgo e político checo. Foi o último presidente de Checoslovaquia e o primeiro presidente da República Checa.

Índice

[editar] Traxectoria

Naceu no seo dunha familia acomodada de Praga, propietaria dun estudio cinematográfico e doutras empresas. Trala instauración dun goberno comunista en Checoslovaquia en 1948, a posición da súa familia viuse cuestionada e Hável non puido seguir estudos universitarios. Traballou como asistente nun laboratorio de química e despois como tremoísta ata que logrou establecerse como dramaturgo a partir de 1960, tras estudar literatura por correspondencia. En 1967 licenciouse finalmente en Arte Dramática. Neses anos cadou sona como autor poético con obras como Zahradni slavnost (1963) e Vyrozumeni (1965) e pertenceu literariamente a un grupo de escritores nucleado ao redor da revista Tvar.

Durante a Primavera de Praga de 1968, Hável xa era ben coñecido como dramaturgo e apoiou dende debates públicos e emisións de radio o programa de reformas impulsado por Alexander Dubcek. Opúxose publicamente á invasión soviética de Checoslovaquia que seguiu a estes feitos, e como consecuencia converteuse nun dos obxectivos centrais da represión post-primavera praguense. En 1969 tivo que deixar Praga e instalarse en Trutnova. Durante os anos seguintes foi encarcerado en diversas ocasións polas súas publicacións en defensa dos dereitos humanos, contra a censura e en defensa da democracia. En 1977 foi un dos promotores do movemento Carta 77, polo que foi acusado de sedición e condenado a prisión en 1979. Esta experiencia fixo medrar a súa sona dentro e fóra de Checoslovaquia como disidente. Excarcelado en 1984, Hável continuou dedicado ás actividades políticas e en 1989 foi elixido como líder do grupo opositor Foro Cívico, en paralelo ao proceso de perestroika que se estaba desencadeando na Unión Soviética.

Václav Havel en 2010

Firme defensor da resistencia non-violenta, tornouse unha icona da Revolución de Veludo no seu país, en 1989. O 29 de decembro de 1989, na calidade de xefe do Fórum Cívico, foi elixido presidente de Checoslovaquia polo voto unánime da Asemblea Federal; mantívose no cargo despois das eleccións libres de 1990, as primeiras no país dende a Segunda Guerra Mundial.

A pesar das crecentes tensións, Havel apoiou a preservación da federación entre checos e eslovacos que finalmente conduciron á disolución da Checoslovaquia. O 3 de xullo de 1992, o parlamento federal non logrou elixilo único candidato a presidente debido á falta de apoio dos deputados eslovacos. Havel dimitiu oficialmente como presidente de Checoslovaquia o 20 de xullo de 1992. O 1 de xaneiro de 1993 fíxose efectiva a partición de Checoslovaquia. Cando se creou a República Checa, presentouse candidato ao cargo de presidente e venceu as eleccións o 26 de xaneiro de 1993.

Durante este primeiro mandato como presidente checo, apoiou a integración de Chequia na OTAN e iniciou o proceso para o futuro ingreso do país na Unión Europea. En 1996 a Havel diagnosticáronlle un cancro de pulmón e quedou viúvo. Malia iso, presentouse á reelección como presidente do país en 1998 e venceu as deleccións. Logo de agravarse o seu estado de saúde, deixou o posto de presidente o 2 de febreiro de 2003, e sucedeuno o seu grande adversario, Václav Klaus. Durante os últimos anos da súa vida dedicouse a dar conferencias e á escrita literaria.


Predecesor:
Gustav Husák
Flag of Czechoslovakia.svg
Presidente de Checoslovaquia

1989 - 1992
Sucesor:
Jan Stráský, en funcións
Predecesor:
non houbo
Flag of the Czech Republic.svg
Presidente da República Checa

1993 - 2003
Sucesor:
Václav Klaus

[editar] Obra

[editar] Textos teatrais

  • Rodinný večer, 1960
  • Zahradní slavnost, 1963
  • Vyrozumění, 1965
  • Ztížená možnost soustředění, 1968
  • Anděl strážný, 1968
  • Motýl na anténě, 1968
  • Spiklenci, 1971
  • Žebrácká opera, 1972
  • Audience, 1975
  • Vernisáž, 1975
  • Horský hotel, 1976
  • Protest, 1978
  • Chyba, 1983
  • Largo desolato, 1984
  • Pokoušení, 1985
  • Asanace, 1987
  • Zítra to spustíme, 1988
  • Odcházení, 2007

[editar] Ensaios

  • Dopis Gustávu Husákovi, 1975
  • Moc bezmocných, 1978
  • Politika a svědomí, 1984
  • Anatomie jedné zdrženlivosti, 1985
  • Děkovná řeč za Erasmovu cenu, 1986
  • O smyslu Charty 77, 1986
  • Příběh a totalita, 1987
  • Slovo o slovu, 1989

[editar] Poesía

  • Antikódy, 1964
  • Protokoly, 1966
  • Dopisy Olze, 1983
  • O lidskou identitu, 1984
  • Dálkový výslech, 1986
  • Do různých stran, 1989
  • Projevy, 1990
  • Letní přemítání, 1991
  • Pižďuchové, 2003
  • Prosím stručně, 2006

[editar] Vida privada

Václav Havel casara con Olga Splichawba-Havlova, que faleceu en 1996. Ao ano seguinte casou coa actriz Dagmar Veskronova-Havlova.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas