Salvador de Madariaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salvador de Madariaga
Salvador de Madariaga.JPG
Salvador de Madariaga.
Datos persoais
Nacemento 23 de xullo de 1886
Lugar A Coruña Galicia Galicia
Falecemento 14 de decembro de 1978
Lugar Locarno Suíza Suíza
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Constance Archibald (1912)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua (en castelán)
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros ensaio, novela, poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Salvador de Madariaga y Rojo nado na Coruña o 23 de xullo de 1886 e finado en Locarno (Suíza) o 14 de decembro de 1978, foi un diplomático, escritor, historiador e pacifista galego. Durante a Segunda República Española foi ministro de Instrución Pública (1931-1934) e de Xustiza (1934). Foi un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Salvador de Madariaga era un dos once fillos do coronel José de Madariaga. Convencido este de que unha das causas da derrota de España na Guerra Hispano-Americana de 1898 era o atraso tecnolóxico, enviou ao seu fillo, ao cumprir catorce anos, a Francia, a estudar enxeñaría, como formación para a ocupación tradicional da súa familia, a milicia.

Formación[editar | editar a fonte]

Durante os once anos seguintes, desenvolveu a súa formación no Collège Chaptal, a École Polytechnique e a École Nationale Supérieure des Mines, ata conseguir a súa graduación en 1911. Durante a súa estancia en Francia transitou desde a técnica cara ao humanismo, o que lle levaría posteriormente a ser o español máis coñecido e recoñecido en Europa.

Tras graduarse, no canto de seguir a carreira militar, conseguiu un posto de enxeñeiros na Compañía dos Ferrocarrís do Norte. En Madrid trabou relación cos intelectuais do movemento posrexeneracionista, na súa maioría republicanos, comezando a escribir na prensa madrileña sobre temas literarios e políticos. Pronto foi considerado parte do grupo de intelectuais que posteriormente sería coñecido como a xeración do 14. Encabezado por José Ortega y Gasset, e con Manuel Azaña, Fernando de los Ríos, Américo Castro e Luis Araquistáin, formaron a Liga de Educación Política, da que xurdiron o semanario España e posteriormente o diario El Sol.

Mentres tanto, visitara Inglaterra en 1910, engadindo unha dimensión anglofílica á súa xa patente francofilia. Esta inclinación acentuouse ao casarse en 1912 con Constance Archibald, unha historiadora escocesa á que coñecera en París.

Durante a Primeira Guerra Mundial, o goberno británico, que prestara apoio financeiro a España, dirixiuse a Araquistáin en busca de alguén que escribise desde un punto de vista aliadófilo especificamente para o público español. Araquistáin recomendou a Madariaga, o cal deixou o seu emprego e foise a vivir a Londres, onde comezou a escribir para o departamento de información do Ministerio de Asuntos Exteriores británico. Os seus artigos eran distribuídos en España pola Axencia Anglo-Ibérica.

Regreso ao Estado Español[editar | editar a fonte]

Ao finalizar a guerra, volve a España, retomando a súa profesión de enxeñeiro de minas, que compaxina coa tradución e redacción de artigos para o suplemento literario do The Times e para o Manchester Guardian. En 1921 convence a un tío seu, deputado, para que lle recomendase para un posto de asesor temporal da Conferencia sobre Tránsito da Sociedade de Nacións, que debía reunirse en Barcelona na primavera dese ano.

O secretario xeral e o presidente da conferencia quedaron tan impresionados que lle ofreceron un posto na oficina de prensa da Secretaría da Sociedade de Nacións. A súa brillantez e o seu coñecemento de idiomas leváronlle, en decembro de 1922, a ser xefe do Departamento de Desarme da Sociedade de Nacións, cargo que ocuparía ata 1927. En 1928 converteuse en profesor de español na Universidade de Oxford, posto que desempeñou durante tres anos. Durante ese período, escribiu tres libros sobre a psicoloxía das nacións, en inglés: Englishman (Inglés), Frenchman (Francés) e Spaniard (Español). En 1931, o goberno provisional da República designouno embaixador de España nos Estados Unidos e delegado permanente na Sociedade de Nacións, un cargo que exerceu durante cinco anos. Entre 1932 e 1934 compaxinou o seu cargo na Sociedade de Nacións co de embaixador en Francia. En 1933 foi elixido deputado, sendo Ministro de Educación e Ministro de Xustiza. En xullo de 1936, como liberal que era, exiliouse no Reino Unido ante o estalido da Guerra Civil Española. Alí converteuse nun opositor á ditadura franquista, organizando todo tipo de campañas en contra do ditador. Foi un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa en Bruxas, Bélxica.

En 1962 participou, con outros moitos españois, en congreso do Movemento Europeo en Múnic, que o réxime franquista denominou o Contubernio de Múnic.

Polo que se refire á súa carreira como escritor, escribiu libros sobre Don Quixote, Cristovo Colón e a historia de América Latina. Escribiu en francés e alemán así como en castelán e inglés.

Militou en prol dunha Europa unida e integrada. En 1973 gañou o premio Carlomagno polas súas contribucións á idea europea e á paz europea. Trala morte de Franco, en 1976 volveu a España. Asumindo formalmente a súa cadeira na Real Academia Española, electo en 1936, ao dar lectura do seu discurso de ingreso. A Fundación Europea Madariaga (creada en 1998 a iniciativa de antigos alumnos do Colexio Europa) tomou o seu nome en memoria súa, promovendo a súa visión dunha Europa unida traballando en prol dun mundo máis pacífico.

Foi nominado en ata nove ocasións ao Premio Nobel da Paz, aínda que non o gañou en ningunha das ocasións[1].

Obras[editar | editar a fonte]

Estatua de Salvador de Madariaga na praza que leva o seu nome na Coruña.

Ensaios históricos[editar | editar a fonte]

  • España (1931)
  • Vida del muy magnífico señor don Cristóbal Colón (1940)
  • Hernán Cortés (1941)
  • Cuadro histórico de las Indias (1945)
  • Carlos V (1951)
  • Bolívar (1951)
  • El auge del Imperio Español en América (1956)
  • El ocaso del Imperio Español en América (1956)
  • El ciclo hispánico (1958)
  • España. Ensayo de historia contemporánea (undécima edición nuevamente revisada por el autor)(1978)[2]

Ensaios políticos[editar | editar a fonte]

  • La guerra desde Londres (1917)
  • Discursos internacionales (1934)
  • Anarquía o jerarquía (1935)
  • ¡Ojo, vencedores! (1954)
  • General, márchese Vd (1959)
  • De la angustia a la libertad (1955)

Outros ensaios[editar | editar a fonte]

  • Ensayos angloespañoles (1922)
  • Semblanzas literarias contemporáneas (1923) (publicado orixinalmente como The Genius of Spain)
  • Guía del lector del Quijote (1926)
  • Ingleses, franceses, españoles (1929)
  • El Hamlet de Shakespeare (1949)
  • Bosquejo de Europa (1951)
  • Presente y porvenir de Hispanoamérica (1953)
  • Retrato de un hombre de pie (1956)
  • De Galdós a Lorca (1960)
  • El Quijote de Cervantes (1962)
  • Memorias de un federalista (1967)

Novelas[editar | editar a fonte]

  • La jirafa sagrada (1925)
  • El enemigo de Dios (1926)
  • El corazón de piedra verde (1942)
  • Ramo de errores (1952)
  • Los fantasmas (1952)
  • Los dioses sanguinarios (1952)
  • Fe sin blasfemia (1952)
  • La camarada Ana (1954)
  • Guerra en la sangre (1956)
  • Una gota de tiempo (1958)
  • El semental negro (1961)
  • Sanco Panco (1963)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Romances de ciego (1922)
  • La fuente serena (1927)
  • Elegía en la muerte de Unamuno (1937)
  • Elegía en la muerte de Federico García Lorca (1938)
  • Rosa de cieno y ceniza (1942)
  • Romances por Beatriz (1955)
  • La que huele a Tomillo (1959)
  • Poppy (1965)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Base de Datos da Academia Sueca
  2. A primeira edición desta obra publicouse en Londres en 1929. Posteriormente en España, foi publicada pola editorial Aguilar no ano 1931.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Salvador de Madariaga