Paul Preston
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Preston, nado en Liverpool en 1946, é un historiador británico de prestixio.
Traxectoria [editar]
É autor de diversas obras sobre a Historia Contemporánea de España, é doutor en Historia pola Universidade de Oxford e catedrático de Historia Contemporánea española e director do Centro Cañada Blanch para o Estudo da España Contemporánea (London School of Economics). Tamén foi profesor de Historia na Universidade de Reading, no Centro de Estudos Mediterráneos, no Queen Mary College.
Xunto a Ian Gibson e Hugh Thomas, constitúe o núcleo dos hispanistas británicos que dedicaron o seu esforzo ao estudo da historia recente española, especialmente á da Segunda República e a Guerra civil españolas.
É membro da Academia Británica.