Exército Guerrilleiro de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Exército Guerrilleiro de Galicia foi unha organización guerrilleira antifranquista que funcionou en Galicia entre 1944 e 1949.

Historia[editar | editar a fonte]

A organización constituíuse nunha reunión en Abegondo en outubro de 1944, presidida por Manuel Castro Rodríguez, delegado da Internacional Comunista na Unión Nacional Española. Participaron Manuel Ponte, Francisco Rey Balbís, Marcelino Rodríguez Fernández, Adolfo Allegue Allegue e Juan Pérez Dopico. A organización dividiuse en catro agrupacións que pretendían abarcar toda Galicia. Cada agrupación estaba estruturada en partidas ás que se lles asignaban zonas determinadas de actuación.

En 1948 foi desarticulado o aparello da dirección nacional do PCE no interior e a dirección no exilio asumiu o control do partido e dos comités rexionais. Na primavera dese ano o mando guerrilleiro convocou delegados de todas as agrupacións nunha xuntanza nas fragas do Eume. O obxectivo era discutir a posibilidade da disolución da guerrilla, conforme dispoñía o PCE dende Francia. En outubro a dirección do partido no exilio, alegando desmoralización e a persecución constante, decidiu potenciar a acción política en troques da loita armada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]