3 de maio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Abr - Maio - Xuñ | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 3 de maio é o 123º día do ano do calendario gregoriano e o 124º nos anos bisestos. Quedan (242) días para finalizar o ano.
2 de maio < 3 de maio < 4 de maio
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1494 - Cristovo Colón descobre Xamaica
- 1519 - Hernán Cortés comeza a conquista de México
- 1814 - Napoleón é desterrado á illa de Elba
- 1923 - Realízase o primeiro voo en avión sen escalas cruzando Estados Unidos de costa a costa
- 1947 - Xapón convértese nunha monarquía constitucional
- 1963 - Martin Luther King pronuncia o seu afamado discurso "I Have a Dream" (Teño un sono) fronte ó Monumento a Lincoln durante a Marcha en Washington polo traballo e a liberdade.
- 1978 - O responsable de márketing da sociedade informática estadounidense DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas. Nace así o spam ou correo lixo [1]
[editar] Nacementos
- 1455 - Xoán II, rei de Portugal (m. 1495).
- 1496 - Niccolò Machiavelli, historiador, filósofo e político italiano (m. 1527).
- 1748 - Emmanuel Joseph Sieyès, político, revolucionario e escritor francés (m. 1836).
- 1851 - Cayetano Aldrey Salvado, mestre e filólogo galego (m. 1922).
- 1892 - George Paget Thomson, físico británico (m. 1975).
- 1903 - Bing Crosby, cantante crooner e actor estadounidense (m. 1977).
- 1904 - Arturo Cuadrado, escritor e político galego (m. 1998).
- 1914 - Martín de Riquer, investigador catalán.
- 1930 - Juan Gelman, poeta, xornalista e tradutor arxentino.
- 1933 - James Brown, cantante de soul e funk estadounidense (m. 2007).
- 1933 - Steven Weinberg, físico estadounidense.
- 1937 - Nélida Piñon, escritora brasileira.
- 1945 - Roberto Verino, deseñador e empresario galego.
- 1978 - Inma López Silva, escritora galega.
[editar] Mortes
- 1758 - Bieito XIV, papa.
- 1936 - Robert Michels, sociólogo alemán (n. 1876).
- 1941 - Manuel Vidal Rodríguez, sacerdote e escritor galego (n. 1871).
- 1957 - Albert Béguin, escritor, crítico e editor suízo (n. 1901).
- 1961 - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés (n. 1908).
- 2008 - Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, político e enxeñeiro español.
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
[editar] Notas
- ↑ "El 'spam', una peste que cumple 30 años en los ordenadores", en La Voz de Galicia, 3.05.2008.