Combustión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Et baal.jpg

A combustión é unha reacción química na que un elemento combustible se combina con outro comburente, desprendendo calor e producindo un óxido. Os tipos máis frecuentes de combustibles son os materiais orgánicos que conteñen carbono e hidróxeno. O produto desas reaccións pode incluir monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e cinzas. O proceso de destruir materiais por combustión coñécese como incineración.