Jacobus Henricus van 't Hoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Jacobus Henricus van 't Hoff
Vant Hoff.jpg
Jacobus Henricus van 't Hoff
Nacemento 30 de agosto de 1852
Róterdan Países Baixos Países Baixos
Morte 1 de marzo de 1911
Berlín, Alemaña Alemaña
Residencia Holanda
Flag of the German Empire.svg Imperio alemán
Nacionalidade Holandesa
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Johanna Francina Mees
Director tese
Coñecido por

Jacobus Henricus van 't Hoff, nado en 1852 e finado en 1911, foi un químico neerlandés que recibiu o primeiro Premio Nobel de Química da Historia, o 1901. Os seus estudos concentráronse na cinética química, no equilibrio químico, na presión osmótica e na cristalografía.

Índice

Traxectoria [editar]

Fillo dun médico, desde mozo interesouse pola ciencia e, en contra dos desexos do seu pai, estudou química na entón Instituto Politecnico de Delft, posteriormente na Universidade de Leiden, na de Bonn (onde coincidiu con Friedrich Kekulé), na de París onde estudou con Charles Adolphe Wurtz, recibindo o doutoramento na Universidade de Utrecht en 1874. En 1878 van 't Hoff casa con Johanna Francina Mees coa que tivo dúas fillas, Johanna Francina (n. 1880) e Aleida Jacoba (n. 1882), e dous fillos, Jacobus Hendricus (n. 1883) e Govert Jacob (n. 1889).

Posteriormente foi profesor nas universidades de Ámsterdam e Berlín, onde faleceu o 1 de marzo de 1911.

Investigacións científicas [editar]

Considerado un dos precursores da estereoquímica, a fin de explicar as dúas formas isómeras do ácido tartárico e outros casos de isomería óptica, propuxo en 1874, ao mesmo tempo que o francés Joseph A. Le Bel, a hipótese do carbono tetraédrico asimétrico.

Posteriormente levou a cabo estudos sobre afinidade química e sobre cinética das reaccións. Mediante a aplicación de conceptos termodinámicos ao estudo dos equilibrios químicos, determinou a relación entre constante de equilibrio e temperatura absoluta (ecuación ou isocora de Van’t Hoff).

Fixo ademais investigacións sobre o comportamento de disolucións diluídas, evidenciando certas analoxías cos gases, e introduciu o concepto de presión osmótica.

Recoñecementos [editar]

En 1901 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento das leis da dinámica química e da presión osmótica nas solucións químicas, converténdose no primeiro premiado nesta categoría dos Premios Nobel instaurados aquel ano.

Na súa honra bautizouse o cráter Van' t Hoff sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
1º nominado
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1901
Sucesor:
Hermann Emil Fischer