Utrecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°2′N 5°7′E / 52.033°N 5.117°E / 52.033; 5.117

Utrecht
Flag of Utrecht.svg Utrecht gemeente wapen.svg
DomtorenUitzichtIn2009.jpg
Vista xeral de Utrecht
Situación xeográfica
Utrecht en Países Baixos
Utrecht
Utrecht
País Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia Utrecht (province)-Flag.svg Provincia de Utrecht
Xeografía
Altitude 5 msnm
Superficie 99,21 km²
Poboación
Poboación 328,577 (2014)
Densidade 3.483 hab./km²
Xentilicio Utrechtenaar, Utrechter
Información
Código postal 3450–3455, 3500–3585
Alcalde Jan van Zanen (VVD)
Páxina web Páxina oficial

Utrecht (en neerlandés [ˈytrɛxt] (AFI)) é unha cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Utrecht, da que é ademais a súa cidade máis grande. Está localizada no límite nordeste do Randstad, sendo a carta cidade neerlandesa máis poboada con 299.484 habitantes. A aglomeración urbana máis pequena da cidade, que inclúe suburbios adxacentes e cidades anexas, suma 640.000 habitantes rexistrados, mentres que a rexión máis ampla acado os 820.000.[1]

O casco antigo de Utrecht ofrece numerosos edificios e estruturas dende as súas primeiras orixes en diante. Ademais ten sido o centro relixioso dos Países Baixos dende o século XVIII, sendo actualmente a sé do Arcebispado de Utrecht, o máis importante líder da Igrexa Católica Romana neerlandesa.[2] Utrecht é tamén sede dun arcebispo da Vella Igrexa Católica, e ademais na cidade atópanse das oficinas centrais da Igrexa Protestante do país.

Durante a idade de ouro, Utrecht foi a cidade máis importante do norte dos Países Baixos (o actual país, excluíndo Bélxica e Luxemburgo), até que Ámsterdan se converteu no centro cultural e demográfico.

A cidade é ademais anfitrioa da Universidade de Utrecht, a universidade máis grande dos Países Baixos, así como de varios importantes institutos de educación superior. Debido á súa posición central no país é un importante eixo de transporte, tanto por ferrocarril como por estrada. Ademais na cidade celébrase o segundo maior número de eventos culturais do país despois de Ámsterdan.[3]

Hai dúas relativamente importantes localidades homónimas, unha en África do Sur e outra en Suriname, ambas como froito da herdanza debida á presenza neerlandesa en ambos países.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1713 asinouse aquí o Tratado de Utrecht, que selou os acordos que finalizaban a Guerra de Sucesión Española.

En 1843 inaugurouse a liña de tren que a unía con Ámsterdam, converténdose Utrecht a partir de entón no centro da rede ferroviaria holandesa (están aquí as oficinas centrais da compañía nacional de ferrocarril ou Nederlandse Spoorwegen).

Paisaxe urbana[editar | editar a fonte]

Oudegracht, a "vella canle" no centro de Utrecht.
Vista da canle dende a Torre Dom.

Unha das mostras máis características da paisaxe urbana de Utrecht é a Torre Dom, pertencente á antiga catedral (Catedral de San Martiño).[4] Ningún edificio da cidade supera a altura da Torre (112 m), porén, algúns edificios especialmente altos estanse a construír hoxe en día, de xeito que pasarán a formar parte da silueta da cidade. O segundo edificio máis alto da cidade, o 'Rabobanktoren', completarase en 2010 e erexirase a 105 m de altura, con dúas antenas o elevarán aos 120 m de altura. Outros dous grandes edificios alzanse ao redor do Estadio Nieuw Galgenwaard, o Kantoortoren Galghenwert e o Apollo Residence, rematados en 2007 de 85,5 e 64,5 metros de altura respectivamente. Por último, hai algo de controversia debido a plans para un rañaceos de 262 metros de altura no recentemente construído barrio de Leidsche Rijn: o Belle van Zuylen. Debido a que a localización se considera o suficientemente lonxe do centro da cidade, este proxecto non se considera que viola o acordo de non exceder a altura da torre Dom.

Economía[editar | editar a fonte]

Edificio De Inktpot, sede de ProRail.

A economía de Utrecht depende en grande medida das grandes institucións situadas na cidade porén, a indústria da produción ten unha influencia relativamente pequena na cidade. Unha das institucións máis importantes situadas na cidade é o Rabobank, un banco de carácter multinacional.

Utrecht é o centro da rede ferroviaria neerlandesa, e onde está situada a Nederlandse Spoorwegen, a compañía de ferrocarrís dos Países Baixos. A antiga oficina central de Nederlandse Spoorwegen era De Inktpot, o edificio de ladrillo máis grande do país, que actualmente está ocupado por ProRail actual compañía ferroviaria encargada do mantemento e ampliación da infraestrutura ferroviaria do país, unha excisión de NS debido á normativa Europea que obriga a separar a xestión das vías das compañías encargadas das vendas.

Unha gran centro comercial cuberto chamado Hoog Catharijne atópase entre a estación central de tren e o centro da cidade. Os corredores foron considerados públicos, como rúas, e a principal ruta dende a estación até centro, polo que por tanto, está aberto toda a noite. Durante os próximos 20 anos, contando dende 2004, partes de Hoog Catharijne van desaparecer como consecuencia da renovación da estación[5]. Na beira oeste da estación central tamén atopamos o Jaarbeurs, un dos maiores centros de convencións dos Países Baixos.

Un dos maiores mercados de automóbiles usados atópase noi distrito de Voordorp, que está aberto tódolos martes, excepto en días festivos oficiais. Con miles de vehículos de segunda man en venda no mercado é un punto de especial interese para os clientes dos países de Europa oriental, que mesmo organizan viaxes en autobuses para ir a mercar alí.

Educación[editar | editar a fonte]

Vista do campus de Uithof da Universidade de Utrecht.

Utrecht é coñecida polas súas institucións de educación superior. A máis prominente delas é a Universidade de Utrecht (fundada en 1636), que é a universidade máis grande dos Países Baixos con 26.787 estudantes (2004). A universidade está principalmente situada no centro da cidade, así como no campus de Uithof, ao leste da cidade. De acordo coa listaxa da Universidade de Xangai Jiaotong de 2007 é a 42ª mellor universidade do mundo.[6] Utrecht alberga tamén a moito máis pequena Universidade de Humanidades (que conta duns poucos centos de estudantes).

Utrecht é sede dunha das localizacións da Escola de Negocios TiasNimbas, centrada na experiencia posterior á educación. É a escola de xestión máis grande do seu tipo dos Países Baixos. En 2007, o seu MBA (Master en Administración de Negocios) foi avaliado o 11º mellor do mundo no Financial Times.[7]

Utrecht é tamén o fogar doutras dúas grandes institucións de educación superior: a Universidade de Educación Profesional (Hogeschool Utrecht) (con 30.000 estudantes), situado ao redor de toda a cidade e no campos Uithof, e a Escola de Artes (con 3000 estudantes).

Hai moitas escolas de educación primaria e secundaria, que permiten diferentes filosofías e relixións, como é inherente ao sistema escolar neerlandés. Existe certa preocupación por segregación nas escolas primarias (que é un problema común en moitas grandes cidades nos Países Baixos), que é causado polos país neerlandeses que desexan enviar só aos seus fillos a escolas cunha gran proporción dos outros nenos nacidos no país, o que termina nunha espiral onde hai escolas cunha gran proporción de nenos inmigrantes, que atraen cada vez menos aos nenos neerlandeses.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Utrecht está irmandada coas seguintes cidades.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]