Frédéric Joliot-Curie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Frédéric Joliot»)
Jean Frédéric Joliot-Curie
e
Frédéric Joliot
Datos persoais
Nome completoJean Frédéric Joliot
Nacemento19 de marzo de 1900
LugarParís Francia
Falecemento14 de agosto de 1958
LugarParís Francia
Causadoença do fígado
SoterradoCemitério de Sceaux
ResidenciaFrancia
Nacionalidadefrancesa
CónxuxeIrene Joliot-Curie
FillosPierre Joliot e Hélène Langevin-Joliot
Actividade
Campoquímica
Alma máterEscuela Superior de Física e de Química Industriais de París
Contribucións e premios
Coñecido porNúcleo atomico
PremiosPremio Nobel de Química (1935)
Seus sogros forón os tamén premio Nobel Marie Curie e Pierre Curie
editar datos en Wikidata ]

Jean Frédéric Joliot-Curie, nado o 19 de marzo de 1900 en París (Francia) e finado o 14 de agosto de 1958 en París. Marido de Irene Curie, físico, levou xunto coa súa muller o Premio Nobel de Química en 1935.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Superior de Física e Química da Vila de París, onde se licenciou en física. En 1925 foi nomeado asistente persoal de Marie Curie no Instituto Curie de París. O ano seguinte casou con Irène Joliot-Curie, filla de Marie e de Pierre Curie (gañadores do Premio Nobel en Física en 1903), da cal adoptou o seu apelido de solteira. A instancia de Marie doutorouse en ciencias.

En 1945 foi nomeado alto comisario da enerxía atómica, e desde este posto dirixiu a construción da primeira pila atómica francesa, en 1948.

Membro da Academia das Ciencias francesas, en 1937 foi nomeado profesor no Collège de France, cargo que ocupou ata o 1956 cando, tras a morte da súa esposa, ocupou a cátedra de física que esta tiña na Sorbona de París.

Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena e un home, Pierre.

Morreu o 14 de agosto de 1958 na cidade de París, dunha enfermidade hepática.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Sétima Conferencia Solvay realizada en 1933. Frédéric Joliot-Curie de pé o terceiro pola esquerda, situado entre Francis Perrin e Werner Heisenberg e detrás da súa esposa.

Xunto á súa esposa iniciou as súas investigacións no campo da física nuclear e buscando a estrutura do átomo, en particular na estrutura e proxección do núcleo e que foi fundamental para o seu posterior descubrimento do neutrón e da radioactividade artificial en 1934. En 1935 ambos os científicos foron galardoados co Premio Nobel de Química polos seus traballos na síntese de novos elementos radioactivos.

Durante a súa estancia no Collège de France traballou nas reacciones en cadea e nos requisitos para a construción acertada dun reactor nuclear que utilizase a fisión nuclear controlada para xerar enerxía mediante o uso de uranio e auga pesada.

Durante a invasión nazi en Francia Joliot, membro activo do Partido Comunista Francés, tomou parte activa a favor da Resistencia francesa. Ao acabar a segunda guerra mundial foi nomeado director do Centre National da Recherche Scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica, CNRS), converténdose no primeiro comisario do Goberno francés para a Enerxía Atómica. En 1948 supervisou a construción do primeiro reactor atómico francés.

En 1955 foi un dos once intelectuais que asinaron o manifesto Russell-Einstein que instaba a buscar solucións pacíficas aos conflitos internacionais existentes naqueles momentos en plena guerra fría.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra nomeouse o cráter Joliot sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Harold Clayton Urey
Premio Nobel de Química

1935
con
Irène Joliot-Curie
Sucesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye