Peter Joseph Wilhelmus Debye
Peter Joseph Wilhelmus Debye |
|||
|---|---|---|---|
Peter Debye (1912) |
|||
| Nacemento | 24 de marzo de 1884 Maastricht |
||
| Morte | 2 de novembro de 1966 Ithaca, Nova York |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | Holandes/Estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Director tese | |||
| Alumnos tese | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Petrus (Peter) Josephus Wilhelmus Debye ou Petrus Josephus Wilhelmus Debije nado o 24 de marzo de 1884 Maastricht (Países Baixos) e finado o 2 de novembro de 1966 en Ithaca, Nova York foi un físico-químico e profesor universitario estadounidense de orixe holandés.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou matemáticas, física e química na Universidade tecnolóxica de Aachen, universidade situada en Alemaña pero a tan só 30 quilómetros de Maastricht, e onde se licenciou en 1905 baixo a supervisión de Arnold Sommerfeld. En 1906 se doctoró na Universidade de Múnic, tamén baixo a supervisión de Sommerfeld, o cal nomearao asistente persoal. Conseguiu o seu PhD (Philosophiæ Doctor) cunha disertación sobre presión de radiación en 1908.
Entre 1911 e 1935 impartiu clases de física nas universidades de Utrecht en 1912, Göttingen en 1913, volveu á Zúric en 1920, na de Leipzig en 1927, e finalmente volveu a Berlín en 1934 onde foi nomeado director do Instituto Kaiser Guillermo de Física.
En 1913 casou con Mathilde Alberer. Tiveron unha filla e un fillo (Peter P. Debye) que se converteu nun físico recoñecido e colaborou con Debye nalgunhas das súas investigacións.
En 1938 trasladouse aos Estados Unidos, onde impartiu clases de química na Universidade Cornell entre 1940 e 1952. En 1946 obtivo a cidadanía estadounidense e nese momento cambiouse o seu nome holandés pola súa transcrición inglesa.
Debye faleceu o 2 de novembro de 1966 na poboación de Ithaca, a consecuencia dun infarto de miocardio.
Investigacións científicas [editar]
En 1912 introduciu unha modificación na teoría da calor específica desenvolvida por Albert Einstein, calculando a probabilidade de calquera frecuencia de vibracións moleculares ata unha frecuencia máxima; este desenvolvemento foi un dos primeiros éxitos teóricos da teoría cuántica.
En 1913, estendeu a teoría da estrutura atómica de Niels Bohr, introducindo órbitas elípticas no modelo, concepto tamén introducido polo físico alemán Arnold Sommerfeld.
En 1923, co seu asistente Erich Hückel, desenvolveu unha mellora na teoría de Svante Arrhenius sobre a condutividade eléctrica en solucións electrolíticas, coñecida como ecuación Debye-Hückel, que hoxe en día aínda se considera como un importante paso na comprensión das solucións electrolíticas.
Tamén en 1923, xunto con Arthur Holly Compton, desenvolveu unha teoría para explicar o efecto Compton, a difracción dos raios X cando interactúan con electróns.
En 1926 suxeriu a existencia do efecto magneto-calórico, mediante o cal pódense obter temperaturas inferiores a 0,3 kelvin.
Foi galardoado en 1936 co premio Nobel de Química polas súas contribucións ao coñecemento das estruturas moleculares.
Recoñecementos [editar]
Na súa honra bautizouse ao asteroide (30852) Debye descuberto o 2 de outubro de 1991 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1936 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Peter Joseph Wilhelmus Debye en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Frédéric Joliot e Irène Joliot-Curie |
Premio Nobel de Química 1936 |
Sucesor: Walter Norman Haworth e Paul Karrer |