Ole Lund Kirkegaard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ole Lund Kirkegaard, nado o 29 de xullo de 1940 en Aarhus e finado o 24 de marzo de 1979, foi un escritor dinamarqués de literatura, principalmente aquela enfocada a un público infantil e xuvenil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un dos principais temas que tratou na súa escrita foi o da interacción entre adultos e cativos. Adoito, os personaxes principais dos seus libros son antiheroes. Dúas das súas obras están traducidas a galego, Otto é un rinoceronte e Tarzán de goma.

Morreu conxelado sendo novo, con 39 anos, ao caer á neve de camiño á casa, tras saír dun bar no que estivera consumindo alcol.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Albert, 1968
  • Lille Virgil og Orla Frøsnapper, 1969
  • Hodja fra Pjort, 1970
  • Otto er et næsehorn, 1972 (Otto é un rinoceronte)
  • Gummi-Tarzan, 1975 (Tarzán de goma)
  • Kikkebakke Boligby, 1977
  • En flodhest i huset, 1978
  • Frode og alle de andre rødder, 1979
  • Per og bette Mads, 1981
  • Mig og Bedstefar - og så Nisse Pok, 1982
  • Tippe Tophat og andre fortællinger, 1982
  • Anton og Arnold flytter til byen, 1988
  • Anton og Arnold i det vilde vesten, 1988
  • Frække Friderik, Maio de 2008