Lolland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lolland (antigamente escrito Laaland) é a cuarta illa máis grande de Dinamarca, cun área de aproximadamente 1.243 km². Situada no mar Báltico, é unha parte do distrito de Storstrøm.
A cidade máis grande de Lolland é Nakskov, con 15.500 residentes. Outras cidades dignas de mención son Maribo, Sakskøbing (que foi a capital de Dinamarca durante dous anos no século XV, e Rødby.
Os gobernos de Dinamarca e Alemaña planean conectar Lolland coa illa alemá de Fehmarn.

