Jørn Utzon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jørn Utzon
Nacemento9 de abril de 1918 e 1918
Lugar de nacementoCopenhague
Falecemento29 de novembro de 2008 e 2008
Lugar de falecementoHelsingor
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoHellebæk Cemetery
NacionalidadeDinamarca
Alma máterRoyal Danish Academy of Fine Arts
Ocupaciónarquitecto
FillosJan Utzon, Kim Utzon e Lin Utzon
Coñecido porÓpera de Sidney, Paustian House e Edifício da Assembleia Nacional do Kuwait
PremiosPremio Pritzker, Medalla de Ouro do RIBA, Medalha Príncipe Eugénio, Premio Alvar Aalto, C. F. Hansen Medal, Niels Prize, Eckersberg Medal, Emil Bissens Award, Wolf Prize in Architecture, Prêmio Sonning, honorary doctor of the University of Sydney, Honorary Companion of the Order of Australia, Medalha de Ouro do Instituto de Arquitetos da Austrália e Sir John Sulman Medal
Na rede
Dialnet: 1956247 WikiTree: Utzon-1 Find a Grave: 31883241 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Ópera de Sydney, Sydney (Australia), 195673.

Jørn Utzon, nado en Copenhaguen o 9 de abril de 1918 e finado o 29 de novembro de 2008, foi un arquitecto dinamarqués de recoñecido prestixio en todo o mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun enxeñeiro naval, medrou en Dinamarca. En 1957 gañou inesperadamente o concurso para unha nova casa da ópera na cidade australiana de Sydney. Nos seguintes anos, Utzon gradualmente desenvolveu un xeito para a construción das enormes cunchas que cobren os dous muros.

Tamén tiña plans espectaculares para o interior dos vestíbulos, pero por motivos políticos, o novo goberno electo do estado de Nova Gales Sur parou os pagamentos ao arquitecto, polo que este deixou o país en 1966. Nunca volveu.

A Casa da Ópera de Sydney rematouse finalmente e foi aberta no 1973 pola raíña Isabel II, sendo agora un dos máis recoñecibeis edificios do mundo.

En marzo de 2003, Utzon foi galardoado co título de Doutor Honoris pola Universidade de Sydney. O fillo do arquitecto aceptou o galardón en nome do seu o pai, o cal estaba moi enfermo para viaxar a Australia. Utzon foi galardoado tamén coa Orde de Australia e coa Chave da Cidade de Sydney. Estivo tamén envolto nos traballos de remodelación e redeseño da casa da ópera, principalmente no ástrago da entrada, seguindo o acordo feito no ano 2000. No ano 2003, o arquitecto dinamarqués recibiu o maior honor coma arquitecto, foi galardoado co Premio Pritzker.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Edificios Elineberg, Helsingborg (Suecia), 195466.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Modelo:PremiosPritzker