Odense
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mapa | |
|---|---|
| Información | |
| País | |
| Rexión | Syddanmark |
| Superficie | 304,34 km² |
| Poboación | 188.777 hab. (2010) |
| Sitio oficial | |
Odense é unha comuna e cidade de Dinamarca, situada na rexión de Syddanmark, na illa de Fionia. Ten unha poboación de 188.777 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de Dinamarca.
Índice |
Historia [editar]
O nome de Odense provén de Odins Vi que significa 'o Santuario de Odin', en relación coa antiga mitoloxía escandinava. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca. En 1988 celebrou os 1.000 anos de antigüidade. O Templo de San Knud foi durante a Idade Media un importante punto de peregrinaxe para honrar ao rei Knud, asasinado no 1086. En 1805 converteuse na sede da asemblea provincial de Fionia.
Arquitectura [editar]
- Catedral de San Knud: é unha das maiores de Dinamarca. É de estilo gótico. Foi construída entre 1081 e 1093 e reconstruída no século XIII. Aquí está enterrado o rei Knus, patrón de Dinamarca, que disputou con Guillermo de Normandía a posesión de Inglaterra e que morreu asasinado no ano 1086. A catedral contén un retablo en forma de tríptico de máis de 5 metros de altura. Foi esculpido por Claus Berg, mestre escultor nacido en Odense. O retablo contén máis de 300 figuras. A catedral ten tamén pías bautismais do ano 1720.
- Casa de Hans Christian Andersen: está situada nun barrio completamente remodelado e que conserva casas de principios do século XIX. A vivenda na que Andersen pasou parte da súa vida converteuse nun museo no que se poden ver diversos manuscritos das súas obras así como debuxos e esbozos de viaxes realizadas polo escritor.
- Pobo Fioniano: trátase dun museo ao aire libre no que se poden visitar unha vintena de casas e granxas típicas da zona completamente reconstruídas. O museo permite ver como era a vida rural na provincia nos séculos XVI e XVII.