LEGO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LEGO
LEGO logo.svg
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1932
Matriz Lego Group
Localización Billund, Dinamarca Dinamarca
Fundador Ole Kirk Christiansen
Industria Xoguetes
Produtos Pezas
Número de empregados 9.374 (en 2011)
Páxina web lego.com
LEGO-02.jpg

LEGO é a denominación que se dá a unha serie de xoguetes que teñen como elemento principal uns bloques de plástico interconectábeis. A compañía LEGO, a súa fabricante, é dinamarquesa con base en Billund, Dinamarca. Foi fundada no ano 1916 polo carpinteiro Ole Kirk Christiansen e dende 1934 pasou a chamarse LEGO, coa contracción das palabras dinamarquesas "LEg GOdt" (xogue ben).

Historia[editar | editar a fonte]

Ole Kirk Christiansen abriu un taller en 1916 que funcionou como obradoiro ordinario até 1932 cando empezou a facer xoguetes de madeira. En 1947 foi creado o primeiro xoguete de plástico.

O nome da empresa e a contración de 'LEg GOdt', xoga ben.

Números da compañía[editar | editar a fonte]

  • 1939: 10 empregados.
  • 1943: Aproximadamente 40 empregados.
  • 1948: Aproximadamente 50 empregados.
  • 1965: As primeiras vendas no Estado Español.
  • 1966: LEGO véndese en 42 países.
  • 1974: Estabelécese LEGO España.
  • 1983: 3.700 empregados a nivel mundial.
  • 1991: 7.550 empregados a nivel mundial.
  • 1996: Aparece a páxina web lego.com.[1]

Notas[editar | editar a fonte]