Selandia - Sjælland
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Selandia")
| Selandia | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Copenhaguenn - København |
| País | Dinamarca |
| Localización | Mar do Norte |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 2.147.281 hab. |
| Superficie | 7.031´02 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 55°30′N 11°45′E / 55.5°N 11.75°E |
| Maior Altura | 122´9 m. Kobanke |
| Localización | |
- Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Celandia
Selandia (Sjælland en dinamarqués) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km². Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste).
Posúe un relevo chan, accidentado por outeiros morrénicos e costas recortadas. A capital de Dinamarca, Copenhaguen, está parcialmente situada na costa este de Selandia e parcialmente na illa de Amager (parte do Øresund). Outras cidades na illa son Roskilde e Elsinor.
O nome orixínase nas grandes poboacións de focas (en danés sæl) nas costas da illa.