Uppsala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Uppsala.
Xardíns de Carl von Linne.
Castelo de Uppsala.

Uppsala é unha cidade situada no centro de Suecia, atópase a 70 km ó norte de Estocolmo. Uppsala é a cuarta cidade sueca en poboación, no censo do 2005 tiña 130.000 habitantes; cos arrabaldes, a área metropolitana de Uppsala ten unha poboación de 183.403 habitantes (2005).

Uppsala é a capital do Condado de Uppsala (Uppsala Län) e o centro eclesiástico de Suecia, sendo a sé do arcebispado dende o ano 1164. A cidade de Uppsala é famosa pola súa universidade, a máis vella de Escandinavia, fundada en 1477. Nesta universidade estudou Linneo e foi profesor de botánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Uppsala