Herman Bang
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herman Joachim Bang, nado en 1857 e finado en 1912, foi un escritor dinamarqués.
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia nobre da illa de Selandia, xa aos vinte anos publicou dous volumes de ensarios literarios. En 1880 publicou a novela Haabløse Slaegter (Familias sen esperanza), que foi prohibido polo Tribunal Supremo dinamarqués por inmoral. Despois dunha viaxe por Noruega e Suecia, asentouse en Copenhaguen e escribiu novelas e libros de relatos que o fixeron un dos novelistas máis populares de Escandinavia. Entre os seus libros máis famosos están Faedra (1883) e Tine (1889). A súa novela Mikaël (1904) é a súa obra máis explicitamente homosexual
