Ponte de Oresund
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A ponte de Oresund (nome híbrido dinamarqués/sueco, Øresundsbroen/Öresundsbron) conecta ambas as dúas áreas metropolitanas da rexión de Oresund: a capital dinamarquesa, Copenhague, e mais a vila sueca de Malmö.
Índice |
[editar] Historia
Foi inaugurado en 1999.
[editar] Construción
A ponte posúe un dos meirandes vans centrais para pontes atirantadas do mundo, con 490 m. O piar máis alto mide 204 m. A lonxitude total da ponte é de 7.845 m, que vén sendo arredor da metade da distancia entre as ribeiras de Suecia e Dinamarca; o seu peso é de 82.000 toneladas. O resto da distancia cúbrese coa illa artificial de Peberholm (literalmente, illote da pementa) (4.055 m), chamado así en contraposición ao xa existente Saltholm (illote do sal) e despois un túnel (3.510 m) na ribeira dinamarquesa. A ponte ten unha altura libre de 57 metros para o paso de embarcacións. Porén, a maior parte dos paquebotes que circulan por Oresund fano a través do estreito de Drogden (onde se atopa o túnel).
[editar] Aproveitamento
Dispón de dúas liñas ferroviarias e sobre eles seis carrís de autoestrada. É a ponte combinada tren-estrada máis longa de Europa. A ruta internacional europea E20 pasa por ela. O transporte ferroviario é operado de xeito conxunto pola empresa sueca Statens Järnvägar (SJ) e a compañía dinamarquesa Danske Statsbaner (DSB). A frecuencia dos trenes Malmö-Copenhague é de intervalos de 20 minutos, e o prezo é moito máis baixo cá peaxe cuando se trata dun único viaxeiro, o que propicia que a xente que viaxa por negocios se decanten polo tren, que cruza o Oresund en 25 minutos.
[editar] Tráfico
No primeiro semestre de 2007, o promedio de tráfico roldou os 17.000 vehículos por xornada, o cal supuxo un incremento do 19% ao se comparar co ano anterior, 2006. O número de pasaxeiros de trens medrou neste mesmo período até nun 25%, e acadou os 4.3 millóns de usuarios.
Velaquí unha táboa explicativa cos datos desde o 2001 até o 2007[1]:
| Ano | Motocicletas | Vehículos particulares | Vehículos 6-9 metros | Autocares | Camións | Total |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2001 | 24.330 | 2.660.807 | 74.505 | 37.745 | 153.485 | 2.950.872 |
| 2002 | 25.868 | 3.106.318 | 73.942 | 41.433 | 180.803 | 3.428.364 |
| 2003 | 26.881 | 3.418.382 | 86.477 | 41.294 | 208.402 | 3.781.436 |
| 2004 | 33.615 | 3.908.014 | 94.232 | 58.270 | 230.546 | 4.324.677 |
| 2005 | 29.878 | 4.499.640 | 109.631 | 56.480 | 269.164 | 4.964.793 |
| 2006 | 32.387 | 5.203.178 | 143.609 | 55.510 | 307.909 | 5.742.593 |
| 2007 | 38.376 | 5.674.513 | 161.807 | 52.339 | 314.590 | 6.745.968 |