Bornholm
Bornholm é unha illa dinamarquesa situada no Mar Báltico, ao leste de Dinamarca entre a costa sur de Suecia e Polonia. A illa de Bornholm, xunto a pequena illa de Ertholmene situada 18 quilómetros ao noroeste, conforman un concello rexional pertencente á Rexión Hovedstaden, unha das cinco rexións nas que se atopa dividido o país.
No ano 2007 a illa tiña unha poboación de 43.040 habitantes e unha superficie de 588,53 quilómetros cadrados.
Índice |
Historia [editar]
Estratexicamente localizada no Báltico, Bornholm foi controlada por Dinamarca durante a maior parte da súa historia, aínda que tamén formou parte de Suecia e de Lübeck. As ruínas do castelo de Hammershus no extremo noroeste da illa dan testemuño da súa importancia en épocas pasadas.
Economía [editar]
As principais industrias da illa están formadas pola da pesca, a cerámica, a fabricación de reloxos e máis os produtos lácteos. Así mesmo, existen unha importante produción de bicicletas, carambelos e cristal, estes dous últimos na parte leste da illa. Por outra banda, cómpre salientar que o turismo é un foco económico básico durante os meses do verán. Un dos maiores atractivos turísticos da illa son as súas catro igrexas redondas.
Galerías de fotos [editar]
Localidades [editar]
Allinge-Sandvig · Arnager · Balka · Gudhjem · Hasle · Klemensker · Listed · Lobbæk · Muleby · Nexø · Nyker · Nylars · Olsker · Pedersker · Rutsker · Rø · Rønne · Snogebæk · Stenseby · Svaneke · Tejn · Vang · Vestermarie · Aakirkeby · Aarsdale · Østerlars · Østermarie · Årsballe