Margarida II de Dinamarca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margarida II (Margrethe Alexandrine Þorhildur Ingrid), nada en Copenhaguen o 16 de abril de 1940, é raíña de Dinamarca dende o 14 de xaneiro de 1972. O lema oficial da raíña Margarida II é "A axuda de Deus e o amor do pobo é a forza de Dinamarca".
Naceu no Palacio de Amalienborg, Copenhaguen de Federico IX e Ingrid de Suecia.
Bautizada o 14 de maio de 1940 na Igrexa Naval e confirmada o 1 de abril de 1955. Ao ser o rei danés daquela soberano de Islandia, recibiu tamén o nome islandés de Þorhildur.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |