Xutos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, á área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.

Pobo xermánico que xunto cos anglos e os saxóns invadiu e emigrou a Gran Bretaña a partir do século V. Os xutos, próximos etnicamente aos daneses, vivían no istmo da península de Xutlandia, no que posteriormente sería o ducado de Schlewing, que actualmente está en Alemaña e Dinamarca.

Foron o grupo de invasión menos numeroso e o que menos se mesturou cos outros (e o máis ignorado pola historia), e fundaron o reino de Kent durante a etapa da Heptarquía anglosaxoa.