Martin Andersen Nexø

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin Andersen Nexø

Martin Andersen Nexø, nado en Copenhaguen en 1869 e finado en Dresden en 1954, foi un escritor dinamarqués.

[editar] Traxectoria

Nado nun barrio pobre de Copenhaguen, a súa familia moveuse a Nexø en 1877. A mediadas da década de 1890 viaxou polo sur de Europa, e o seu libro Soldage (1903) basease en gran parte nesas viaxes. Pelle Erobreren (Pelle o conquistador) é a súa obra máis coñecida (1906-1910), da que se fixo unha película en 1987.

Militante do Partido Comunista de Dinamarca, en 1941 durante a ocupación nazi foi detido pola policía, conseguíu fuxir a Suecia, e posteriormente á Unión Soviética, onde fixo programas de radio dirixidos a Dinamarca e Noruega. Despois da Segunda Guerra Mundial estableceuse en Dresde, na Alemaña Oriental.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas