Falster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stubbekøbing.

Falster é unha illa de Dinamarca localizada no mar Báltico que ocupa unha superficie de 514 km² e ten unha poboación de 43.537 habitantes, dos que un 40% viven na principal cidade, Nykøbing. A illa alberga o punto máis meridional de Dinamarca, Gedser Odde. Está conectada con Selandia no norte por dúas pontes, as pontes de Farø, que son parte da estrada europea E-47 de Copenhaguen (e Helsingborg) a Lübeck (e de aí a Hamburgo e o sur) alemán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.