Pedras de Jelling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Túmulos, Pedras Rúnicas e Igrexa de Jelling
Jelling gr kl Stein.JPG
As pedras de Jelling
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1994
País: Dinamarca
Localización: N69 7 60 W49 30 0
Rexión: Non dispoñible
Tipo: Non dispoñible
Criterios: C (iii)
Descrición UNESCO: fr en

A designación pedras de Jelling refírese a dúas pedras rúnicas que se atoparon na localidade de Jelling, na Dinamarca.

As pedras vistas dende atrás

En 1994, pasaron a formar parte da lista do patrimonio da humanidade, da Unesco, xunto coa igrexa e os montes veciños, onde se atopan os túmulos do rei Gorm o vello de Dinamarca e da súa dona, Thyra. Este patrimonio constitúe un exemplo notable da transición da era pagá cara a era cristiá en Dinamarca.

Ademais de inscricións rúnicas, unha das pedras posúe unha mestura de motivos pagáns e cristiáns debido á presenza dun Cristo.

A pedra grande de Jelling[editar | editar a fonte]

A pedra grande de Jelling é unha pedra rúnica erixida por Harald I de Dinamarca no ano 965, en Jelling, Dinamarca.

h A, æ r A, æ l t, ð, d, Tyr r : k, g u, o, ø n u, o, ø k, g r : b, p A, æ þ, th : k, g A, æ u, o, ø r u, o, ø A, æ

  HARALTR        KUNUKR      BATH     KAURUA 
  HARALD         KONGE       BØD      GØRE 
  HARALD         REI         MANDOU   FACER

k, g u, o, ø b, p l : þ,  th A, æ u, o, ø s i, e : A, æ f, vt, ð, d, Tyr : k, g u, o, ø r m : f, v A, æ þ,  th u, o, ø r : s i, e n

KUBL    THAUSI   AFT     KURM    FATHUR    SIN
KUMLER  DISSE   EFTER    GORM    FADER     SIN
ERGUER  ESTAS  NA HONRA  DE GORM PAI       SEU

A, æ u, o, ø k, g : A, æ f, vt, ð, d, Tyr : þ,  th a u, o, ø r u, o, ø i, e : m u, o, ø þ,  th u, o, ø r : s i, e n A, æ : s A, æ

AUK     AFT    THAURUI    MUTHUR    SINA,    SA  
OG     EFTER    THYRA      MODER     SIN,    DEN 
E     NA HONRA DE THYRA    NAI       SÚA,    O

h A, æ r A, æ l t, ð, d, Tyr r : i, e A, æ s : s aR : u, o, ø A, æ n : t, ð, d, Tyr A, æ n m A, æ u, o, ø r k, g

   HARALTR     IAS   SAR    UAN        TANMAURK
   HARALD      SOM   SIG   VANDT       DANMARK     
   HAROLD     QUE PARA SI CONQUISTOU  A DINAMARCA

A, æ l A, æ : A, æ u, o, ø k, g : n u, o, ø r u, o, ø i, e A, æ k, g

ALA     AUK      NURUIAK
AL      OG       NORGE
TODA    E        A NORUEGA

A, æ u, o, ø k, g :t, ð, d, Tyr A, æ n i, e : k, g A, æ r þ,  th i, e : k, g r i, e s t, ð, d, Tyr n a

AUK     TANI     KARTHI    KRISTNA
OG     DANERNE   GJORDE    KRISTNE
E OS DINAMARQUESES FIXO    CRISTIÁNS
Inscricións na pedra grande

Esta pedra é considerada a certificación do nacemento de Dinamarca.

A pedra pequena de Jelling[editar | editar a fonte]

Ao lado da pedra grande, atópase a pedra pequena de Jelling, erixida por Gorm o Vello, no ano 955.

Na inscrición pódese ler o seguinte:

kurmr kunukr karthi kubl   thusi aft     thurui    kunu  sina tanmakar    but
Gorm  konge  gjorde kumler disse efter   Thyra     kone  sin  danmarks    bod
Gorm  rei    fixo   erguer esta na honra de Thyra dona súa da Dinamarca homenaxe
Frente da pedra pequena
Costas da pedra pequena

Esta pedra constitúe a referencia máis antiga ao nome de Dinamarca dentro das suas fronteiras. O nome aparece 75 anos antes, en referencias doutros países.

O significado das últimas palabras "danmarks bod" é incerto, sen saberse exactamente se fan referencia a Gorm ou a Thyra.

A pedra foi colocada orixinalmente entre os montes onde se atopaban as sepulturas de Gorm e Thyra, existindo referencias do século XVII que indican que se colocou xunto á porta da igrexa, onde se atopa na actualidade.