Escudo de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
National Coat of arms of Denmark.svg

O escudo de Dinamarca está formado por un campo de ouro sementado de nove corazóns de goles con tres leóns pasantes colocados en pau de azur, linguados de goles, uñados e armados, do mesmo esmalte; e coroados de ouro.

O escudo aparece timbrado cunha coroa real danesa, pechada, que é un círculo de ouro engastado de pedras preciosas, decorado nos seus bordos superior e inferior por perlas, composto de oito floróns, visibles cinco, interpoladas de perlas e dos que parten senllas diademas sumadas de perlas, que converxen nun orbe de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro e decorados con perlas, sumado de cruz de ouro e de prata. A coroa aparece forrada de goles.

Este deseño do escudo, usado como escudo nacional, é unha simplificación do escudo de armas dos monarcas daneses que ten a súa orixe no brasón utilizado polo rei Valdemar II (1219-1346).

Escudo de armas do monarca danés[editar | editar a fonte]

Brasón actual das armas da Raíña de Dinamarca.

O escudo de armas do monarca danés está cuartelado pola Cruz de Dannebrog que é de prata bordeada de goles (vermello).

  • No primeiro e cuarto cuartel, o brasón de Dinamarca.
  • No segundo, de ouro, dous leóns pasantes de azur que é o escudo de Schleswig ou Xutlandia do Sur.
  • No terceiro de azur (azul), partido e cunha barra do mesmo esmalte (cor) situada no xefe (parte superior) na que figuran tres coroas abertas de ouro e compostas por catro floróns (visibles tres) colocas dous e unha que representa á desaparecida Unión de Kalmar; na partición esquerda, un carneiro pasante de prata armado de ouro que é o brasón das Illas Feroe e na partición dereita, un oso polar rampante de prata que é o escudo de Groenlandia.

Sobre o todo, un escusón composto por cinco franxas colocadas en faixa de ouro e de goles, alternadas, que é o brasón de Odelburgo.

Escudo do monarca danés (1948-1972).

O escudo está rodeado polos colares das ordes de Dannebrog e do Elefante cuxos maestrazgos ostenta o monarca danés. Sosteñen o escudo as figuras de dous salvaxes que simbolizan da forza do monarca. O escudo e as figuras dos salvaxes á súa vez están colocados sobre un manto real de púrpura, gornecido de ouro e forrado de armiño, alzado con cordas de ouro que terminan en borlas do mesmo metal. Sobre o manto descansa a coroa real danesa.

As armas do monarca danés foron modificadas ao comezo do reinado de Margarida II, o 16 de novembro de 1972, cando se retiraron do mesmo algúns brasóns. No cuarto cuartel (agora ocupado polo brasón de Dinamarca) e que até entón foi cortado (dividido en dous partes horizontais) figurou, situado na partición superior, o campo alusivo ao título de "Rei dos godos": nun campo de ouro, un león pasante de azur sobre nove corazóns de goles colocados catro, tres e dous. Na partición inferior estaba colocado o escudo asociado ao título de "Rei dos vendos": nun campo de goles, unha figura de dragón ou sierpe pasante de ouro. Até 1972 no escusón, agora reservado exclusivamente ao brasón de Odelburgo, tamén figuraron os pertencientes a Holstein, Stormarn, Dithmarschen, Lauenburg e Delmenhorst.

Outros membros da Familia Real[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]