Lars Løkke Rasmussen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lars Løkke Rasmussen

Lars Løkke Rasmussen, nado en Vejle o 15 de maio de 1964, foi Primeiro ministro de Dinamarca dende 2009 até 2011, así como o líder do partido Venstre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi Ministro de Interior e de Saúde dende o 27 de novembro de 2001, como parte dos dous primeiros gabinetes de ministros de Anders Fogh Rasmussen e ministro de Facenda como parte do terceiro gabinete desde o 23 de novembro de 2007. O 5 de abril de 2009 sucedeu a Fogh Rasmussen como Primeiro Ministro do país, xa que Fogh Rasmussen fora designado novo Secretario Xeral da OTAN.

É membro do Parlamento danés (Folketinget) dende o 21 de setembro de 1994. Ocupou o cargo de Presidente da Cámara de Frederiksborg entre 1998 e 2001.

Tras o seu nomeamento, prometeu continuar na mesma liña có seu predecesor.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]