Jens Immanuel Baggesen
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Jens Immanuel Baggesen | |
|---|---|
| Jens Immanuel Baggesen | |
| Nacemento: | 1764 Korsør |
| Falecemento: | 1826 Hamburgo |
| Nacionalidade: | Dinamarquesa |
| Ocupación: | Poeta |
Jens Immanuel Baggesen, nado en Korsør en 1764 e finado en Hamburgo en 1826, foi un poeta dinamarqués.
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia pobre e aos doce anos comezou a traballar copiando documentos, en 1782 entrou na Universidade de Copenhagen, comezou escribindo composicións cómicas. Viaxou por Alemaña, Francia e Suíza. Escribiu en alemán o poema Alpenlied. En 1790 regresa a Dinamarca e publica Labyrinthen, xa en danés. Nos vinte anos seguintes continuou a publicar obras en danés e alemán ao tempo que viaxaba por todo o norte de Europa ata asentarse en París. Entre 1806 e 1820 resiu de novo en Copenhagen.