Vendsyssel-Thy
| Vendsyssel-Thy | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
![]() |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Dinamarca | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | 289.517 hab. | ||||
| Superficie | 4.685 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 57°6′N 9°30′E / 57.1°N 9.5°E | ||||
| Maior Altura | |||||
Vendsyssel-Thy, é unha illa de Dinamarca, a parte máis ao norte do país, situada ao norte da península de Iutlandia.. Xeograficamente, é a segunda maior illa de Dinamarca, logo de Selandia (se excluímos Grenlandia). Está separada de Iutlandia polo Limfjord, pero a separación non foi total ata unha inundación acaecida en 1825. A illa alberga os distritos de Vendsyssel, Hanherred e Thy. Tradicionalmente, contémplase máis como unha parte de Iutlandia que como unha illa en si mesma.
Historia [editar]
A illa foi creada o 3 de febreiro de 1825, cando o Mar do Norte alagou o delgado istmo de Agger Tange polo suroeste, cortando a área da actual illa a Iutlandia e creando a canle de Agger.
Xeografía [editar]
A illa consiste en tres paisaxes tradicionais:
- Vendsyssel, a parte máis grande, ao leste e ao norte,
- Thy, a parte máis pequena no oeste,
- Hanherrederne ou Hanherred, o istmo central que conecta Vendsyssel e Thy.
Desdes o 1 de xaneiro de 2007, coa reforma municipal danesa, estas áreas xunto con Himmerland e as illas de Mors e Læsø constitúen a rexión Nordjylland, sendo a máis pequena das 5 rexións danesas segundo poboación.
Características da illa [editar]
- Área: 4.685 km²
- Poboación: 289.517 habitantes (2007)
- Maiores cidades:
- Vendsyssel: Hjørring, Frederikshavn, Skagen, Brønderslev, Sæby, Hirtshals, Løkken, Nørresundby (parte norte de Aalborg)
- Hanherred: Fjerritslev, Brovst
- Thy: Thisted, Hanstholm, Hurup
