Hans Christian Andersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Christian Andersen
Hans Christian Andersen
Nacemento: 2 de abril de 1805
Odense
Falecemento: 4 de agosto de 1875
Copenhaguen
Lingua:
Xénero(s): literatura infantil, litaratura de viaxes
Sinatura: Sinatura de Hans Christian Andersen

Hans Christian Andersen, nado en Odense o 2 de abril de 1805 e finado en Copenhaguen o 4 de agosto de 1875, foi un escritor dinamarqués.

[editar] Traxectoria

Fillo dun zapateiro, quedou orfo de pai en 1816, e tivo que deixar de ir á escola, trasladouse a Copenhaguen para conseguir un posto como cantante de ópera e conseguíu o apoio do rei Federico VI de Dinamarca. Xa de neno deu mostras da súa imaxinación e intelixencia, mesmo creou un teatro de monicreques no que representou obras de Ludvig Holberg e William Shakespeare.

As súas primeiras novelas foron O improvisador (1835) e OT (1836). Pero o que lle deu fama internacional foron os seus Historia e Aventuras (Eventyr og Historier), contos para nenos publicados entre 1835 e 1872, traducidos a ducias de linguas, neles Andersen amosa a súa extraordinaria imaxinación e fondo coñecemento da psicoloxía dos nenos.

Algúns dos seus contos máis coñecidos son O parrulo feo, O traxe novo do emperador, A raíña das neves, O soldadiño de chumbo, O reiseñor e A sereíña, entre outros.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas