Demografía de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hora de abordar a demografía de Dinamarca cómpre ter en conta que moitos dos daneses actuais trazan a súa árbore xenealóxica a partir da poboación xermano-gótica que habitou Dinamarca desde tempos prehistóricos. Con todo, coa inmigración que chegou ao país nos últimos anos, a poboación danesa converteuse en máis heteroxénea.

O dinamarqués é o principal idioma de Dinamarca. Durante as migracións dos Hunos e os eslavos, os daneses instaláronse na península de Xutlandia. Foron expulsados polos nativos e outras tribos de orixe xermánica. Os atacantes deixaron atrás unha chea de barcos, cuxos restos, na actualidade, aínda se están recuperando.

Unha pequena minoría de xermano-parlantes habita hoxe en día no sur de Xutlandia, exactamente no norte de Schleswig. Os duques de Schleswig e Holstein estiveron durante moito tempo baixo as ordes do Santo Imperio Romano, cuestión que se utilizou para manterse independentes. A zona norte de Schleswig entrou a formar parte de Dinamarca co Tratado de Versalles. Hoxe en día gran parte da poboación das zonas fronteirizas fala os dous idiomas.

A maior parte da poboación de orixe inuit habita en Groenlandia; as Illas Feroe teñen unha poboación nórdica que fala a súa propia linguaxe. A educación é obrigatoria desde o sete aos 16 anos e é gratuíta até o nivel universitario. A Igrexa do Pobo Danés está apoiada polo estado e, de acordo cos datos do 2002, un 84,3% dos daneses practican esta relixión. Dinamarca permite a liberdade de cultos. Na actualidade practícanse doce relixións diferentes en todo o país.

Datos demográficos[editar | editar a fonte]

Poboación (xullo 2002): 5.336.394

Estrutura de idades (datos do 2002):

  • 0-14 anos: 18% (homes- 505.820; mulleres- 479.815)
  • 15-64 anos: 67% (homes- 1.802.665; mulleres- 1.755.633)
  • 65 anos ou máis: 15% (homes- 330.055; mulleres: 462.406)

Crecemento da poboación: 0,31%

Taxa de nacementos: 12,16 nacementos/1.000 habitantes.

Taxa de falecementos: 11 mortes/1.000 habitantes.

Taxa neta de emigración: 1,95 emigrantes/1.000 habitantes.

Taxa de mortaldade infantil: 5,11 mortes/1.000 nados vivos

Esperanza de vida:

  • Total da poboación: 76,54 anos
  • Homes: 73,95 anos
  • Mulleres: 79,27 anos

Taxa de fertilidade: 1,73 fillos/muller

Grupos étnicos:

Relixións:

  • 97% Luteranos
  • outros, Protestantes, Católicos Romanos, e outras relixións 3%

Nivel de alfabetización (maiores de 15 anos que poden ler e escribir):

  • Poboación total: 100%
  • Homes: 100%
  • Mulleres: 100%