Fionia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Fionia
Vivenda tradicional en Svendborg, Fionia

Fionia (en danés Fyn) é unha illa de Dinamarca. É a segunda illa máis grande de Dinamarca e ten unha poboación de 445.000 habitantes. Pertence actualmente á rexión de Syddanmark. Ata 2006, Fionia formou un distrito particular.

Fionia é coñecida como o "xardín de Dinamarca" pola súa natureza ben coidada. A cidade máis grande é Odense co recordo imperecedero de Hans Christian Andersen, cuxa casa alzase nesta cidade. Tamén en Fionia atópase Ærø, coa preciosa cidade mariñeira de Ærøkøbing e os seús barquiños embotellados e o seu museo marítimo, a tumba do xefe viquingo enterrado no seu drakkar en Ladbyskibet ou Nyborg Slot, o castelo real máis antigo de Dinamarca. Aparte de Odense, outras cidades de importancia son Kerteminde, Nyborg, Svendborg, Fåborg, Assens, Middelfart e Bogense, todas situadas na costa.

A illa está conectada a Xutlandia por unha ponte construída nos anos 1930 antes da Segunda Guerra Mundial e polo que pasan autos e trens. Doutra banda, Fionia conéctase á illa de Selandia polo Storebæltsbroen, o segundo ponte colgante máis extenso no mundo, o cal foi inaugurado nos anos 1970 para o uso de automóbiles.