Economía de Dinamarca
| Economía de Dinamarca | |
|---|---|
| Moeda | coroa dinamarquesa |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 208,5 mil millóns (2012) |
| Posición do PIB | 54ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -0,4% (2012) |
| PIB per cápita | $ 37 700 (2012) |
| PIB por sector | agricultura 1,3%, industria 22,1%, comercio e servizos 76,6% (2012) |
| Inflación | 2,6% (2012) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 13,4% (2011) |
| Total da forza de traballo | 2.848.000 (2012) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 2,6%, industria 20,3%, comercio e servizos 77,1% (2011) |
| Desemprego | 6,4% (2012) |
| Industrias | ferro, aceiro, metais non férreos, productos químicos, procesamento de alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, téxtiles e roupas, electroelectrónicos, construción, mobles e outros produtos de madeira, construción naval e remodelación, muíños de vento, fármacos, equipamentos médicos |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 110,8 mil millóns (2012) |
| Produtos de exportación | máquinas e instrumentos, carne e derivados, productos de granxa, peixe, produtos farmacéuticos, móbiles, muíños de vento |
| Principais mercados | Alemaña 16,9%, Suecia 13,2%, Reino Unido 9,9%, Noruega 5,7%, Estados Unidos 5,5%, Países Baixos 4,9%, Francia 4,3% (2011) |
| Importacións | 97,91 mil millóns (2012) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, materias primas e semimanufacturados, produtos químicos, grans e alimentos, bens de consumo |
| Principais mercados | Alemaña 20,8%, Suecia 13,5%, Países Baixos 7,2%, Reino Unido 6,3%, República Popular China 6,2%, Noruega 5,8%, (2011) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 626,9 mil millóns (2012) |
| Receitas | 176,5 mil millóns (2012) |
| Despesas | 188,9 mil millóns (2012) |
A economía de Dinamarca é dependente dos intercambios comerciais cos outros países e da capacidade de influencia nas conxunturas internacionais e nos factores económicos. O valor das exportacións e importacións representa cerca dun terzo do valor do PIB. Grande parte dos intercambios comerciais son feitos con países da UE (Unión Europea). O socio de comercio bilateral máis importante é Alemaña, tendo unha boa interacción económica con Suecia e Gran Bretaña. Fóra da UE, Dinamarca mantén relacións comerciais con Noruega, os Estados Unidos e o Xapón.
Índice |
Historia e características [editar]
Dende a Segunda Guerra Mundial, as exportacións dinamarquesas expandíronse. A venda de produtos industriais superou a exportación agraria, ocupando un lugar cada vez máis importante dentro da pauta de exportacións de Dinamarca. No final dos anos 90, a exportación industrial constituíu aproximadamente o 80% do valor total das vendas ao exterior, mentres as vendas de produtos agrarios representou o 11%. As áreas de ferramentas e maquinaria forman o 26% do tamaño das exportacións industriais, os produtos químicos representa o 12% e os produtos da industria agroalimenticia, incluído carne de conserva, chega ao 4%. O forte crecemento económico de Dinamarca entre os anos 60 e 80 non se viu reflectido nun bo desempeño nos anos 90, o que influenciou nunha lixeira queda na exportación na área de servizos.
No capítulo de importacións, os principais produtos comprados son materias primas e produtos semifabricados, incluíndo a enerxía. A compra de maquinaria e equipamentos de produción para industria e comercio representa o 67% do valor total de importacións. Nos anos 80, a importación de enerxía caeu significativamente, debido ao aumento da produción interna de petróleo. Os outros 33% de importacións son de produtos de consumo, especificamente automóbiles.
Crecemento e crise [editar]
En 1 de xaneiro de 1999 a Dinamarca rexeitou a adopción da moeda única europea, o Euro. Nos tres últimos anos (2004-2006) a economía do país mostrouse moi forte: o superávit acumulado das contas públicas foi de 98,5 mil millóns de coroas en 2006, ou 6% do PIB. O crecemento económico do país comenzou unha redución o 2007 co fín do boom da construción civil. A crise económica exacerbou este ciclo co aumento do custo dos empréstimos, e redución das exportación, da confianza dos consumidores e do investimento. A crise económica global reduciu en 0,9% o PIB danés o 2008 e 4,3% o 2009[1].