Universidade Yale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Yale
Yale University
Yale University Shield 1.svg
Datos xerais
Localización New Haven, Connecticut
Fundación 1701, (317 anos)
Datos actuais
Alumnos 12223
pregrado 5414
postgrado 6809
Datos de contacto
Enderezo 221 Whitney Avenue,
Páxina web http://www.yale.edu/
Biblioteca Sterling Memorial.

A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos).

Destaca por ser unha das institucións educativas privadas máis recoñecidas dos Estados Unidos e o mundo. Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidos. Conta co segundo sistema bibliotecario universitario máis grande, e forma parte da Ivy League. Yale é especialmente famosa pola súa Facultade de Dereito.

O nome da universidade rende homenaxe a Elihu Yale, un dos seus primeiros benefactores.

Admisións[editar | editar a fonte]

Yale é moi selectiva nas súas admisións. Son admitidos menos do 6 por cento dos case 30.000 solicitantes anuais a programas de pregrado.

A Facultade de Dereito de Yale é a máis selectiva do país: acepta a só o 6 por cento dos solicitantes.

Facultades e escolas[editar | editar a fonte]

Yale componse das seguintes escolas e facultades:

  • Yale College
  • Graduate School of Arts and Sciences
  • Professional Schools (School of Architecture, School of Art, Divinity School, School of Drama, School of Engineering & Applied Science, School of Forestry & Environmental Studies, Facultade de Dereito de Yale, School of Management, Facultade de Medicina de Yale, School of Music, School of Nursing, School of Public Health, Institute of Sacred Music).

Colexios maiores[editar | editar a fonte]

Lista oficial de colexios maiores de Yale:

Rivalidade[editar | editar a fonte]

A rivalidade entre Yale e Harvard é coñecida historicamente, pois é a primeira, máis antiga e intensa da Ivy League, tanto nos aspectos académico e deportivo, en remo e fútbol americano, deporte inventado por un adestrador de Yale.

Seitas[editar | editar a fonte]

Na Universidade Yale atópanse as sociedades secretas Skull & Bones, Scroll and Key e Wolf's Head.

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Yale Bulldogs.

Practícanse un total de 35 variedades deportivas en Yale, que pertence á NCAA e compite na conferencia da Ivy League.

Alumnado notable[editar | editar a fonte]

Algúns egrexios destacados son:

Episodio das 40.000 pezas incas procedentes de Perú[editar | editar a fonte]

En 1911, esta universidade tomou 42.000 pezas incas atopadas por Hiram Bingham, coa promesa de devolvelas en 3 anos. Esas pezas estiveron en Yale durante máis de 100 anos. Redes sociais e blogs peruanos e doutras partes do mundo esixían que os achados fosen devoltos ao seu país de orixe. En 2012 Yale devolveu as pezas a Perú en 4 cargamentos desde Connecticut.

Véxase tamén: Machu Picchu.

Galería[editar | editar a fonte]