Bruria Kaufman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bruria Kaufman
Bruria Kaufman.jpg
Nacemento21 de agosto de 1918
 Nova York
Falecemento7 de xaneiro de 2010
 Israel
NacionalidadeIsrael
Alma máterUniversidade de Columbia e Universidade Hebrea de Xerusalén
Ocupaciónfísica, catedrática e matemática
editar datos en Wikidata ]

Bruria Kaufman, nada en Nova York o 21 de agosto de 1918 e finada en Haifa o 7 de xaneiro de 2010, foi unha física teórica israelí. É coñecida polas súas contribucións á teoría xeral da relatividade de Albert Einstein, á física estatística, onde aplicou a análise spinor para rederivar o resultado de Lars Onsager sobre a función partición do modelo de Ising bidimensional, e ao estudo do efecto Mössbauer, no que colaborou con John von Neumann e Harry Lipkin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carta de Albert Einstein, Bruria Kaufman e outros criticando a Menachem Begin e o seu partido, Herut.

Bruria Kaufman naceu en Nova York nunha familia xudía de orixe ucraína. En 1926 a familia emigrou ao mandato británico de Palestina, vivindo primeiro en Tel Aviv e despois en Xerusalén. Os seus principais intereses durante a súa mocidade foron a música e as matemáticas.[1]

Estudou matemáticas e recibiu unha bolsa de ciencia na Universidade Hebrea de Xerusalén en 1938 e un PhD da Universidade de Columbia en 1948. Casou co lingüista Zellig S. Harris en 1941.

En 1960, estableceuse no kibbutz Mishmar Ha'emek e adoptou unha filla, Tami.[2]

Kaufman volveu aos Estados Unidos en 1982. Viviron en Pensilvania, onde daba clases o seu home. El faleceu en 1992 e Kaufman mudouse a Arizona e casou co premio Nobel Willis Eugene Lamb en 1996, aínda que o matrimonio acabou en divorcio. Faleceu en 2010 Carmel Hospital de Haifa, logo dunha estadía nunha casa de repouso en Kiryat Tiv'on, non lonxe de Haifa. Segundo os seus desexos, o seu corpo foi incinerado.[3]

Carreira científica[editar | editar a fonte]

Kaufman foi investigadora asociada no Institute for Advanced Study de Princeton entre 1948 e 1955, onde traballou con John von Neumann (1947-48) e Albert Einstein (1950–1955). Pasou os seguintes anos na Universidade de Pensilvania traballando nun proxecto de lingüística matemática.

Kaufman volveu a Israel en 1960 con Harris e converteuse en profesora do Instituto Weizmann de Ciencia en Rehovot (1960–1971) e despois na Universidade de Haifa (1972–1988).

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Crystal Statistics. II. Partition Function Evaluated by Spinor Analysis", Phys. Rev. 76: 1232 (1949).
  • "Crystal Statistics. III. Short-Range Order in a Binary Ising Lattice", Phys. Rev. 76: 1244 (1949), con L. Onsager.
  • "Transition Points", Physical Society Cambridge International Conference on Low Temperatures (1946), con L. Onsager.
  • The Meaning of Relativity with A. Einstein and E. G. Strauss, Princeton University Press (1953).
  • "Algebraic Properties of the Field in the Relativistic Theory of the Asymmetric Field", Annals of Mathematics 59: 230–244 (1954), con A. Einstein.
  • "A New Form of the General Relativistic Field Equations", Annals of Mathematics 62: 128–138 (1955), con A. Einstein.
  • "Mathematical Structure of the Non-symmetric Field Theory", Proceedings of the Fiftieth Anniversary Conference on Relativity 227–238 (1955).
  • "Neighbor Interactions and Symmetric Properties of Polyelectrolytes", Journal of Chemical Physics 27: 1356–1362 (1957), con S. Lifson e H. Lifson.
  • "The Stability of a Rotating Viscous Jet", Applied Mathematics Quarterly 19: 301–308 (1962), con J. Gillis.
  • "Momentum Transfer to Atoms Bound in a Crystal", Annals of Physics 18:249–309 (1962), con H.J. Lipkin.
  • "Unitary Symmetry of Oscillators and the Talmi Transformation", Journal of Mathematical Physics 6: 142–152 (1965), con C.C. Noack.
  • "Special Functions of Mathematical Physics from the Viewpoint of Lie Algebra", Journal of Mathematical Physics 7: 447–457 (1966).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bruria Kaufman-Harris: physicist who worked with Albert Einstein". Times Online. 3 de marzo de 2010.  (requírese subscrición)
  2. Dromi, Uri (15 de xaneiro de 2010). אחרי מות | פרופ' ברוריה קופמן הריס [Obituary: Professor Bruria Kaufman Harris]. Haaretz (en hebreo). 
  3. Memorial webpage ((en hebreo))
  4. "Bruria Kaufman". CWP at UCLA. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2004.