Difracción de raios X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A difracción de raios X é un fenómeno ondulatorio que consiste na dispersión dos raios X cando atopan un obstáculo no seu camiño. A distribución de intensidades atopada despois do obstáculo amosa unha serie de máximos e mínimos relativos que diminúen a medida que nos afastamos do centro (punto onde se detectarían todos os raios X se non houbese obstáculo).

Este patrón depende da distribución atómica do material atravesado polo que este fenómeno pode ser empregado para o estudo da estrutura atómica dos materiais. A técnica chámase cristalografía por raios X.